Nunha das súas sesións, Luz mencionou e recomendounos un corto que acabo de ver agora mesmiño. Titúlase KNICK KNACK e servirianos de material para empregar a técnica de predecir xa que se trata de algo similar ao que vimos en clase de Ormie Wants Cookies.
Isto fíxome ter en conta que este tipo de videos pódennos servir de gran utilidade para plantexar diversas actividades dependendo o que queiramos traballar. Podemos levar a cabo a técnica de predecir e que o alumnado faga hipóteses. Podemos incluso empregar videos que conteñan lingua en formato de audio, facer un primeiro visionado sen son para que non se dea a coñecer a historia tal cual é. Despois deste primeiro visionado sen son o alumnado podería falar sobre aquelas cousas que pasan que se aprecian claramente e logo facer hipóteses de aqueles detalles que non están tan claros. Logo disto, faríase un segundo visionado a ver se acertaron nas súas predicións.
Un aspecto positivo que considero que nos aportan os cortos é que son un material estupendo tanto para pequenos como para maiores xa que algúns deles ofrecen contidos educativos moi interesantes.
É por isto polo que non me podo resistir á recomendación de dous cortos que tratan sobre a inclusión e comprensión de aqueles que se enfrontan a unhas dificultades que as veces nos costa comprender.
Un deles, é EL CAZO DE LORENZO. De feito, a versión orixinal deste en concreto é en francés co cal sería bo para empregar en clase de francés se vos gustase (non o busquei en francés pero se o fago e o atopo podo engadilo aquí). O outro que recomendo é CUERDAS, para que poidades ver este enteiro déixovos o link dun blog xa que non hai maneira de atopalo enteiro en youtube. Tamén o podedes atopar en páxinas onde se ven series/películas online. Este último habería que ver se ten versión en inglés, xa que se puido ver en máis de cincuenta países. Igual xa os coñecedes incluso.
Considero que se non se traballan na aula tamén nos serven para nós mesmos como futuros docentes que queremos ser. Penso que temos que ter sempre en mente que cada alumno/a é un mundo diferente e que, en caso de atoparnos con casos realmente especiais, pois teremos ante nós primeiramente un reto incrible pero tamén unha posibilidade para superarnos como profesionais e persoas.

O cazo de Lorenzo é un material perfecto para traballar na hora de titoría, por exemplo. Incluso podes pasar o vídeo en castelán e logo facer actividades para traballalo en L2.
ResponderEliminarOs vídeos son perfectos para a educación en valores."Cuerdas" é moi emotivo. Como sempre a L2 é o vehículo para concienciar ós alumnos sobre un montón de temas.
ResponderEliminar