miércoles, 4 de enero de 2017

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 3

TEMA 3

Durante as sesións deste terceiro tema estivemos tratando da gran responsabilidade que reside no profesorado á hora de impartir os contidos da materia que lle corresponde. É de fundamental importancia que o profesorado sexa consciente que debe facerlle chegar ao alumnado unha formación coa mellor calidade posible, tendo en conta non so a materia a impartir en si mesma como tamén esa formación transversal en diversas destrezas e a educación en valores.

Desta maneira, puidemos ver que debido a unha serie de factores e a propia dinámica social e económica, a variedade nos tipos e modalidades de ensino de linguas tense incrementado nos últimos tempos de forma significante. Algúns dos factores causantes deste contexto determinado menciónanse a continuación:
  • Os procesos de aprendizaxe non formal e informal adquiren un peso moi importante, significativo e valioso nos currículos dos traballadores. En moitas ocasións o ensino formal, por exemplo para unha acreditación de nivel é longo e ríxido e a xente ‘estuda pola súa conta” adquirindo así certo nivel de autonomía.
  • Os centros superiores de ensino formal, para mostrar flexibilidade, cumprir un papel social e acadar popularidade deseñan Moocs e crean plataformas gratuítas onde se comparten materiais didácticos de todos os tipos e aínda de niveis. Os Moocs poden acreditar normalmente traballo e participación, pero non poden dar títulos de carácter oficial.
  • As iniciativas (a inventiva) na rede publica en portais, páxinas, redes sociais e blogs todo tipo de exercicios e materiais para a práctica de linguas que poden ser interesantese útiles, pero que hai que tratar con coidado nun contexto de ensino formal regulado.
  • A influencia cultural da lingua hexemónica (o Inglés) é aínda máis forte hoxe en día que no pasado.
  • O dinamismo social e actividade económica propicia cursos breves e non de longa duración. Un libro de texto e un curso regulado tradicional dunha lingua viva podefacerse distante, repetitivo, aburrido e pouco útil: unha perda de tempo. 
  • Os libros de texto de linguas seguen baseados na inmersión. Cada lingua de xeito independente.

Alén disto, puidemos ver que a educación vese englobada dentro dunha serie de contextos como se se tratase de ir abrindo unha boneca matrioska. Desta maneira, atopámonos coa clase presencial na aula, que ao mesmo tempo está dentro do contexto do centro educativo e dos contextos familiar e social. Estes ao mesmo tempo están baixo a influencia e contacto dos contextos nacional, o cal acolle tanto ás comunidades como o estado, e neste nivel tamén estaría o contexto europeo. Todas estas situacións estarían enmarcadas polo contexto global e xeral. Estes contextos influenciaríanse uns aos outros pero ao mesmo tempo tamén dependen dunha serie de factores específicos que determinarán o proceso de ensino-aprendizaxe. Algún exemplo deste tipo de factores sería o mundo virtual e os seus usos enfocados á eficacia e utilidade, o estudo persoal e o esforzo individual, así como os procesos de avaliación e autoavaliación xa que resultan dunha gran utilidade como ferramenta de axuda tanto para o profesorado como o alumnado. Se pensamos tamén no noso campo que é o das linguas, non podemos esquecer que é preciso ter tamén en conta os niveis determinados polo Marco Común de Referencia para as Linguas Estranxeiras así como a existencia de acreditacións e homologacións de títulos e niveis das linguas.

Como actividade práctica sobre este tema, algúns d@s compañeir@s levaron a cabo unha serie de presentacións nas que se analizaban determinados libros de texto tendo en conta tódolos aspectos abarcados dende o formato, como os contidos, os tipos de exercicios propostos ou a claridade dos lbros de texto á hora de resultar nunha boa comprensión para o alumnado. Desta maneira e gracias á utilidade desta actividade, puidemos ver e lembrar que non todos os libros de texto son fiables á hora de telos como referencia e que incluso se pode dar o caso de que non se atopen realmente ben adaptados ao nivel de idioma proposto polo Marco Común de Referencia. Mediante a análise dos libros de texto tamén puidemos ver se se limitaban ao emprego dun único enfoque de aprendizaxe ou se pola contra tentan combinalos así como se tratan de ofrecer unha formación transversal empregando os contidos comunicativos. Se ben é certo que, un profesor non debe depender dos libros de texto pero si contar con eles como base de apoio e, se o libro de texto é bo, pode resultar unha ferramenta clave para traballar o mellor posible os contidos e actividades.

As sesións concluíron facendo un pequeno resumo dos tres temas tratados e este último pechouse trazando unha serie de aspectos como que é de relevante importancia o nivel do idioma do profesor encargado de impartir unha lingua, sendo o ideal contar co nivel máximo, é dicir o C2. Ademais, un bo profesor debe ter sempre presentes os catro campos que se deben aportar en cada clase: saber, saber facer, saber estar e saber ser.



No hay comentarios:

Publicar un comentario