TEMA
6
METODOLOXÍA
CLIL/AICLE
Durante
as sesións deste tema estivemos tratando os contidos da metodoloxía
CLIL (Content and Language Integrated Learning), coñecido en español
como AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos en Lingua Estranxeira).
Esta metodoloxía surxiu en Europa en 1994 co fin de identificar boas
prácticas e resultados relevantes relacionados con metodoloxías que
integraban linguas a través de contidos de outras áreas.
Trátase
dunha metodoloxía basada nunha serie de principios básicos como o
son o uso da lingua para aprender tanto o contido da área como a
lingua en si mesma como ferramenta de comunicación, este factor
implica que o equipo docente debe estar capacitado para traballar coa
sua área de coñecemento e contar cun nivel da lingua estranxeira
que se vaia empregar e vai determinada segundo a materia que se vai a
estudar de maneira que as destrezas lingüísticas a desenvolver
dependerán directamente desta. Ademais, dáselle prioridade á
fluidez sobre a precisión gramática e lingüística en xeral
centrándose na técnica do “scaffolding”.
Así, estivemos vendo as cinco dimensións establecidas por Marsh e son as seguintes:
- Cultura
- Construir coñecemento e comprensión interculturais
- Desenvolver habilidades comunicativas interculturais
- Coñecer países e rexións así como colectivos minoritarios
- Introducir e ampliar os contextos culturais
- Contorno
- Preparar para a especificación e integración na Unión Europea
- Acceder á certificación nacional
- Mellorar o perfil do centro educativo
- Lingua
- Mellorar a competencia global na lingua adicional
- Afondar no desenvolvemento da consciencia da lingua materna e alingua adicional
- Desenvolver intereses e actitudes plurilingües
- Introducir unha lingua adicional
- Contido
- Fornecer oportunidades de estudar contido dende perspectivas diferentes
- Acceder á terminoloxía propia dunha materia na lingua adicional
- Preparar para estudos posteriores ou o mundo laboral
- Aprendizaxe
- Complementar estratexias de aprendizaxe individuais
- Diversificar métodos e formas na práctica de aula
- Aumentar a motivación do alumnado
Paralelamente, puidemos ver que Coyle estableceu catro elementos que son os que veñen a continuación:
- Contido, como a progresión na formación global en relación cos elementos específicos dun currículo determinado
- Comunicación, ou uso da lingua para aprender mentres se aprende a lingua
- Cognición, como desenvolvemento de destrezas de pensamento que se relaciona coa formación de conceptos, a comprensión e a linguaxe
- Cultura, ou a exposición a perspectivas distintas e interpretacións compartidas, para a mellora da comprensión e conciencia dun mesmo e dos que nos rodean.
Ademais, pódese engadir que a metodoloxía CLIL consta de catro cracterísticas principais:
- Ensino centrado no alumnado
- Negócianse temas e tarefas
- Ensínase o particular para chegar ao xeral
- Traballo por tarefas
- Ensinanza flexíbel e facilitadora
- Facilitar a comprensión do contido e o contexto
- Adapatación aos distintos estilos de aprendizaxe
- Emprego de estratexias lingüísticas e paralingüísticas
- Aprendizaxe interactiva e autónoma
- Traballos por parellas e grupos
- Actividades que impliquen a negociación do significado
- Desenvolvemento do traballo por descubrimento e investigación
- Aprendizaxe enfocada a procesos e tarefas
- Uso da lingua con énfase no significado para obter unha meta como tarefa ou proxecto
- Tarefas que promoven tanto a aprendizaxe como a comunicación
- Desenvolvemento do traballo por descubrimento e investigación
- Entrenamento en estratexias de comprensión e seguimento da clase
- Uso de rúbricas de avaliación e estratexias de avaliación por pares
Tal e como se adiantaba nas primeiras liñas, a metodoloxía CLIL introduce un novo concepto coñecido como andamiaxe ou "scaffolding". Está relacionado coas teorías de Vigotsky e o constructivismo e divide en tres categorías a capacidade de resolución de problemas:
- As que o alumnado pode realizar de maneira independente
- As que non pode realizar mesmo contando con axuda
- As que pode realizar con axuda de outros
Directamente relacionado coa "zona de desenvolvemento próximo" de Vigotsky, determínase así que a distancia existente entre o nivel real de desenvolvemento do alumno/a, determinado pola súa capacidade de resolver un problema por el mesmo e o nivel de desenvolvemento potencial que o alumno/a pode conseguir se for axudado por un adulto ou a interacción cun compañeiro máis capacitado. O profesor resulta unha peza clave como ferramenta para amoldar o alumno/a.
Desta maneira, podemos decir que o "scaffolding" é o conxunto de estruturas, actividades ou estratexias de apoio facilitados polo profesorado para que o alumnado acade o coñecemento. Non se trata de facer entrega do coñecemento en si, senón de facilitar o camiño para chegar ata el de maneira máis sinxela. Trátase dunha estratexia fundamental na metodoloxía CLIL e debe ser empregada tanto para o tratamento de contidos como o traballo da lingua.
Dodge establece tres tipos de andamiaxe:
- De recepción, para asegurar que o alumnado extrae a información necesaria e relevante
- De transformación, conxunto de estratexias para construir coa información recibida algo novo
- De produción, como apoio que o alumnado precisa para crear ou producir algo novo
Existe unha serie variada de motivos para levar a cabo a metodoloxía CLIL:
- Lingüísticos
- A lingua apréndese de formas máis eficaz en situacións reais
- A lingua está contextualizada
- Maior exposición á lingua adicional
- Maior motivación cara a lingua adicional
- A lingua emprégase cun fin
- Contidos
- Diversidade de perspectivas
- Desenvolvemento das competencias básicas
- Maior conciencia do papel da lingua no proceso de aprendizaxe
- Integración das estratexias de aprendizaxe
- Procesos de aprendizaxe máis profundos
- Cognitivos
- Aumento das capacidades xerais de aprendizaxe
- Reflexión do alumando sobre o funcionamento lingüístico e comunicativo das linguas
- Culturais
- Interculturalidade
- Fomento da tolerancia e respeto, solidariedade, etc. Fundamental ante a necesidade dunha educación en valores
- De mellora no centro educativo
- Facilita a elaboración do proxecto lingüístico do centro e unifica o currículo lingüístico do mesmo
O tipo de currículo para a metodoloxía CLIL é o modelo integrado de contidos e linguas e as técnica que emprega son as tarefas, co finde seren facilitadoras e finais. Para o deseño deste, é preciso ter en conta unha serie de aspectos como o son as pautas e o papel do profesorado nos centros plurilingües e a secuenciación do traballo na aula.
Considero este tema que demos moi interesante de cara ó coñecemento da metodoloxía CLIL e o seu funcionamento. Persoalmente, como estudante de linguas que son, apoio a proposta do plurilingüismo sempre. Resulta outro exemplo claro da adaptación ao mundo globalizado. Mais, non vexo a proposta clara como para que realmente a aprendizaxe das linguas estranxeiras funcione. Seguimos comprobando que, tras numerosos anos estudando inglés seguimos sen dominalo sen problemas e con fluidez. Vexo de maneira confusa que sendo conscientes de que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira segue sen funcionar e sen resolverse pretendamos falar de plurilingüismo sen antes asentar unhas bases de propostas de aprendizaxe que sexan realmente eficaces. Tendo en conta que é unha tarefa complicada, é de vital importancia que isto cambie e que a aprendizaxe de linguas sexa tan artificial e mecanizada. Ademais, sería máis que recomendable comprobar de que maneira se aplica a metodoloxía nos centros e ata qué punto se levan a cabo e se respeitan os procesos para que esta funcione.