Durante a sesión final con Carlos Valcárcel fomos convidados a reflexionar sobre a asignatura de didáctica. Así, estivemos reflexionando primeiramente de maneira individual e logo unha posta en común sobre o que aprendemos estas semanas, cómo o podemos aplicar e qué podemos facer para seguir formándonos.
E en verdade puidemos ver que, finalmente, os COÑECEMENTOS adquiridos non foron poucos:
- O concepto do feedback (retroalimentación)
- Scaffolding como concepto
- Facer avaliacións útiles e efectivas
- Elaborar actividades máis comunicativas
- CALL: usos e utilidades
- Importancia do enfoque comunicativo e significativo
- Saber sobre distintos enfoques didácticos (young & senior lerners)
- Diferenciar entre enfoques metodolóxicos e didácticas
- Coñecer instrumentos de avaliacións
- Coñecer as novas ferramentas para poder avaliar as distintas competencias
- Facer tutorías productivas
- Aproveitamento do traballo en equipo
- Tratamento e inclusión de contidos transversais
Pero, por se isto fose pouco, as COMPETENCIAS asimiladas tampouco quedaron curtas...como podedes ver a continuación:
- Facer das avaliacións un proceso útil e constructivo como parte da aprendizaxe
- Uso dun blog con fins educativos
- Botar man das redes sociais para dinamizar a aprendizaxe
- Ser consciente da metodoloxía empregada e do impacto que esta poida causar no proceso de ensino-aprendizaxe
- A lectura e escritura como ferramentas para avanzar e profundizar os coñecementos dunha lingua estranxeira
- Saber motivar ao alumnado
- Empregar actividades interesantes e amenas que se cntren nas necesidades do alumnado
- Uso coherente das TICs
- Creatividade e innovación
- Afectividade > O AFECTIVO É EFECTIVO <
QUÉ VOU APLICAR ?
- Todos os aspectos vistos son de verdadeira importancia, por iso considero que deberei telos todos en conta prestándolle especial atención a:
- Unha avaliación xusta e transparente así como un tratamento do erro que non frustre
- Metodoloxia CALL, sempre con responsabilidade
- Mostrar a suficiente cercania como para comprender ao alumnado e que non me teman á hora de resolver dúbidas, problemas persoais, etc.
- Empregar todo tipo de estratexias que dinamicen a aprendizaxe con todas as competencias, lograr que o alumnado disfrute da aprendizaxe
Ademais disto, estivemos falando de qué medidas podemos tomar para seguir mellorando e actualizando a nosa FORMACIÓN CONTINUA:
- Ver documentais (para actualizarme no tratamento individual do alumnado por exemplo)
- Ir a cursos que atope ofertados cando teña certo tempo libre
- Contrastar cos puntos de vista dos meus compañeiros de profesion
- Ler bibliografia especializada
- Consultar blogs
- Unirse a comunidades de práctica educativa
- Asistir a aulas de compañeirxs en youtube
- Consultar ao departamento de orientación
Como hai que ser realistas, marco en negriña as medidas que considero máis ao meu alcanc polo d agora. De feito, xa son medidas que estou levando a cabo por curiosidade e tamén para o desenvolvemento do TFM. Agardo nalgún futuro poder levar a cabo algunha das outras medidas xa que considero que ofrecen unha perspectiva diferente para a nosa aprendizaxe e madurez profesional. Entre estes propósitos tamén agardo disfrutar do traballo que leve a cabo e ser quen de apreciar todo o que esta profesión me poida chegar a aportar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario