Despois destes meses levamos leccións aprendidas e frustracións superadas. No meu caso, cheguei unha semana despois de que o mestrado comezase, e lembro como durante eses primeiros días xs compañeirxs xa me informaban desesperados co mal que pintaba a cousa. Afortunadamente, co paso dunhas semanas todo foi collendo mellor xeito e xa notabamos todos que a nosa motivación reaparecía coa curiosidade das novas asignaturas que nos ofrecían novos contidos que aprender.
Pero a verdade é que foi con esta última asignatura de didáctica coa que todos collemos esas ganas e ilusión por acadar as nosas metas e probar cousas novas. Carlos deunos teoría pero tamén moitas perspectivas prácticas que nos encheron de curiosidade e ánimos ao ensinarnos estratexias do máis interesantes. Con Ana e Luz puidemos albiscar un chisco do que é dar clase en secundaria, pero sobre todo puidemos ver numerosas dinámicas para romper esa idea de que ir a clase supón unha tortura. Gracias polas actividades que nos ensinastes, polos libros, pola teoría, polas anécdotas, polo bo ambiente, polos consellos e por fomentar a nosa educación e as ganas de espallala xunto cos coñecementos da lingua inglesa. Gracias pola cercanía mostrada constantemente.
Agradecer por suposto a todo o profesorado en xeral, xa que de todo se aprende e tamén nos ofreceron coñecementos que precisamos así como maneiras de ver as cousas e como afrontalas.
En canto ao grupo, agradecer termos funcionado tan ben. Un bo ambiente moi logrado en todo momento no que tivemos tempo de intercambiar ideas, experiencias e como non, consellos sempre que nos fixo falla. Aínda que xa coñecía a algunha xente, estes meses foi un placer volver coincidir e incluso coñecernos mellor. Á xente que coñecín no mestrado, sorprendeume para ben de verdade. Da gusto cadrar con xente coa que poder compartir metas polas que loitar e moito que aportar. Agardo que sigamos en contacto e poidamos facer algunha que outra reunión na que poidamos rirnos dos nosos logros e fracasos sen esquecer as anécdotas que poderemos coleccionar.
Agora, comezamos prácticas e quédame por comprobar se realmente sirvo para isto ou non. En canto ao blog, pode que siga escribindo novas entradas para contar actividades que poña en práctica estas semanas ou mesmo para gritar e buscar inspiración, who knows ! Jaja
O que si teño claro é que quero facelo o mellor posible e disfrutar deste novo camiño, sen máis, decirvos que agardo que saquedes o máximo partido das prácticas e que todas as metas que vos propoñades paguen a alegría e non a pena...!!
Vémonos pronto.
GRACIAS POR TODO
Érase unha vez un grupo de inocentes alumnos en busca
de convertirse en profesores de inglés
que se conocieron en el CUVI, Vigo
y creían que todo iba a ser diferente…
Pero todo cambiou cando chegaron a Deseño Curricular
Llevaba la parte del huevo, que no era la yema (la CLARA).
Todo parecía oscuro hasta que por fin vimos la LUZ.
¿VIEITES (vistedes) como non era tan duro?
¡VARE-LA (vale la) pena hacer este máster
para coñecer a xente maja e marabillosa!
Pronto chegou ANAlxésico para calmar os nosos medos,
CARLOS (cando) pensábamos que estaba todo perdido
SONIAmos (solíamos) pensar que tendríamos un HERMESo futuro,
Pero la niebla a veces nos ciega la visión
y nos hace perdernos entre /softgüares/ y /tijers/.
Pero de todo isto saiu unha unión moi grande,
sobre todo porque nos comprometemos a firmar un contrato e subilo a faitic.
Porque al final, we all wANNAchieve lo que nos interesa
Ser los mejores TEACHERS EVER!
P.D.: Dayna se dice como reina pero con ‘D’.




