Compartoo con vós non só porque me parecen interesantes os aspectos que trata senón tamén porque me parece preocupante que se poidan suceder por moi mínima que sexa a porcentaxe. Sorpréndenme as ideas que se tratan e dame pena non telo atopado antes para comentalo en clase.
Convídovos a que o leades de verdade. Nunha das entradas anteriores, comentei que o CLIL resulta unha metodoloxía que precisa dun bo plantexamento para que funcione ben. Até aí todo ben. Pero claro, o que a min me preocupa é que se fale de BILINGÜÍSMO e PLURILINGÜÍSMO como algo segregador e elitista, cousa que non resulta difícil de pensar se se ten en conta que os primeiros centros en acadar o CLIL e os que máis se "venden" son privados e concertados. Pero iso consideroo como que é o simple feito de que non funcionan igual a educación privada e a pública, e iso é algo que todos sabemos. Sen embargo, tratan isto como algo segregador dentro dos propios centros xa que supón o antiintegracionismo por así decilo. A verdade é que me choca non ter pensado nisto...e cóstame visualizar a organización xa que non tiven a oportunidade de ter esa experiencia no centro no que me formei.
Outros aspectos que se tratan son o colonialismo, o empobrecemento dos contidos así como o negocio que supón o bilingüísmo...
En xeral, considero que mentres o sistema educativo non loite por un eriquecemento común no que todo o mundo teña posibilidades de acadar un futuro axeitado continuarán surxindo problemáticas...penso que todo depende dun bo plantexamento.
Hai moita controversia con respecto a este tema. Pero do que fala o artículo é dun concepto de bi/plurilingüismo imposto por algúns gobernos (véase, en Madrid)valorando soamente criterios de propaganda de cara a "vender" esa idea aos futuros votantes. NON é o que nós interpretamos como CLIL na aula, o que vos contou Ana non é iso. Na nosa experiencia constatada, o alumnado que tivo Physics and Chemistry en inglés en 3º e 4º ESO non tivo NINGUNHA dificultade en seguir o programa xa logo en castelán e/ou galego no bacharelato. E os que fan deseño en inglés ou francés agora, non teñen problema cando chegan a 2º Bac e escolle debuxo técnico como opción. O que hai que facer é deseñar ben as actividades e programar ben os contidos.
ResponderEliminarMoitas gracias por este comentario porque a verdade é que non tiña moi claro a qué se refería o artigo en concreto. Estou totalmente de acordo en que o importante é o bo deseño de actividades e unha boa programación dos contidos.
Eliminar