viernes, 10 de febrero de 2017

Sesión Debate 02/02/2017

Mentres a sesión anterior foi compartida, esta contou con ámbalas dúas profesoras todo o tempo que durou e foi enfocada a debatir temas propostos e tamén ideas que quixésemos compartir nós. 

Comezamos con dúas actividades de warm-up: a primeira, talking to a Martian, semella sinxela a simple vista pero require de ideas rápidas e resultaría infinita se se quixese. A segunda, a de facer figuras, tamén require algo de velocidade na imaxinación xa que se vai formando unha figura a partir dunha idea (na aula a partir dunha árbore esta rematou acompañada das súas raices, un paxariño, etc.). Parecéronme as dúas actividades divertidas e creo que funcionarián moi ben como quecemento para obter unha clase moi participativa e comunicativa. 

Un dos temas que nos levou a ter un amplo debate foi o dos deberes. En xeral, estabamos todos de acordo comentando varias ideas en concreto. Sen embargo, chamoume a atención que algunha que outra opinión fose a favor da eliminación total dos deberes. Por suposto que todas as ideas son respetables, pero, tendo en conta que estamos a falar de alumnado de secundaria, considero imposible esa opción de que non saiban o que son os deberes. Cando pensamos nas horas requeridas para asimilar certa aprendizaxe, é inevitable ter en conta o traballo que o alumno teña que facer na casa. Tal e como falamos nas sesións, cincuenta minutos pasan voando e é preciso aproveitar aí a presencia dx docente para desenvolver destrezas que así o requiren. Os deberes son esenciais para que cada alumnx se adecúe ao reforzo que precise ou simplemente para facer con calma unha redacción. Por suposto, non se trata de que pasen día tras día agobiados por ter demasiado que facer para cada unha das materias. Pero, se non lembro mal, a miña experiencia dime que cando os deberes eran dun día para outra tratábase de algo sinxelo e logo se non se deixa para última hora todo se daba feito. Tal como comentei nesta sesión, os deberes xogan un papel fundamental para que o alumnado aprenda a organizarse e ser responsable ante unha serie de obligacións. Todo se da feito e claro que todos pasamos por esas datas de exames e de agobio, pero neses momentos tamén se aprende. Está claro que depende do alumnado como traballe pero tamén axuda moito que o/a docente mostre claridade nas esixencias e plantexamentos para funcionar. Dende logo a miña experiencia dime que un gran problema acostuma a ser esa falta de transparencia na que o alumnado se perde sen saber que facer por máis voltas que se lle dea. Sen embargo, se se deixa claro dende un principio como se quere que traballen os alumnos resulta moito máis eficaz para todxs. 

Relacionado cos deberes e aprobar en xeral, só decir que agardo que non haxa moita xente que estea de acordo con premiar con regalos as boas cualificacións dxs fillxs. A verdade é que estou en total desacordo con esa práctica. 

O outro gran tema sobre o que debatimos foi o uso das TIC na aula. En xeral, coincidimos en que poden resultar de axuda, eficaces e dinámicas sempre e cando se empreguen no seu termo xusto. Tamén coincidimos en que o simple uso das TIC implica innovación tecnolóxicamente falando pero non metodolóxicamente, co cal non conseguimos nada se non as aproveitamos para reforzar ese enfoque comunicativo e significativo. Xa que está directamente relacionado coas TIC, continuamos facendo referencia á presencia dos móbiles na aula e o seu uso. Considero que se poden chegar a empregar en momentos puntuais que se requiran para algunha actividade tipo Kahoot xa que para o alumnado o simple feito de empregar o móbil na aula desta maneira xa lles chama a atención. Sen embargo, máis alá diso, non considero necesario que o alumnado teña o móbil ao alcance da súa man durante as horas de clase xa que vai ser unha tentación continua e a súa atención estará dispersa. Persoalmente, recoñezo que durante as sesión que tivemos con vós estiven co móbil algunha que outra vez e certamente consideroo como unha falta de respeto. Ademais, penso que entra dentro da educación do alumnado co cal, tratándose de secundaria é algo que non se debería permitir. 

Estes foron os dous temas que nos deu tempo a debatir, a verdade é que pasou a sesión voando. En xeral resultou interesante poder intercambiar ideas un(ha)s co(a)s outrxs e poder ver, que aínda que pensamos dunha maneira determinada existen outras maneiras de ver as cousas e non por iso son erradas. Realmente, na nosa formación tamén se atopa a capacidade de análise dende diferentes perspectivas e variantes e xogar coas pezas ata atopar o máis acertado para cada situación e momento. 





2 comentarios:

  1. Concordo contigo en que non me parece boa práctica premiar sistemáticamente as boas notas copn regalos. Como sempre lles dixen aos meus fillos, é o voso traballo tedes que facelo ben. Outra cousa son casos especiais, como un esforzo extra ou algún reforzo puntual. As palabras de ánimo e de noraboa, compartir os bos resultados coa familia e amigos, tamén son premios.

    ResponderEliminar
  2. Ë estupendo que deas a túa opinión de todo o que tratamos en cada sesión, e unha mágoa que non tiveramos máis tempo par outros temas.

    ResponderEliminar