martes, 31 de enero de 2017

Recomendo un par de cortos...

Nunha das súas sesións, Luz mencionou e recomendounos un corto que acabo de ver agora mesmiño. Titúlase KNICK KNACK e servirianos de material para empregar a técnica de predecir xa que se trata de algo similar ao que vimos en clase de Ormie Wants Cookies. 

Isto fíxome ter en conta que este tipo de videos pódennos servir de gran utilidade para plantexar diversas actividades dependendo o que queiramos traballar. Podemos levar a cabo a técnica de predecir e que o alumnado faga hipóteses. Podemos incluso empregar videos que conteñan lingua en formato de audio, facer un primeiro visionado sen son para que non se dea a coñecer a historia tal cual é. Despois deste primeiro visionado sen son o alumnado podería falar sobre aquelas cousas que pasan que se aprecian claramente e logo facer hipóteses de aqueles detalles que non están tan claros. Logo disto, faríase un segundo visionado a ver se acertaron nas súas predicións. 

Un aspecto positivo que considero que nos aportan os cortos é que son un material estupendo tanto para pequenos como para maiores xa que algúns deles ofrecen contidos educativos moi interesantes. 
É por isto polo que non me podo resistir á recomendación de dous cortos que tratan sobre a inclusión e comprensión de aqueles que se enfrontan a unhas dificultades que as veces nos costa comprender. 

Un deles, é EL CAZO DE LORENZO. De feito, a versión orixinal deste en concreto é en francés co cal sería bo para empregar en clase de francés se vos gustase (non o busquei en francés pero se o fago e o atopo podo engadilo aquí). O outro que recomendo é CUERDAS, para que poidades ver este enteiro déixovos o link dun blog xa que non hai maneira de atopalo enteiro en youtube. Tamén o podedes atopar en páxinas onde se ven series/películas online. Este último habería que ver se ten versión en inglés, xa que se puido ver en máis de cincuenta países. Igual xa os coñecedes incluso. 

Considero que se non se traballan na aula tamén nos serven para nós mesmos como futuros docentes que queremos ser. Penso que temos que ter sempre en mente que cada alumno/a é un mundo diferente e que, en caso de atoparnos con casos realmente especiais, pois teremos ante nós primeiramente un reto incrible pero tamén unha posibilidade para superarnos como profesionais e persoas. 



ACTIVIDADE SESIÓN 31/01/2017

Para levar a cabo esta tarefa eliximos como imaxe unha fotografía da/os famosas/os actrices e actores James Franco, Mila Kunis, Rachel Weisz e Michelle Williams, que a nosa compañeira Montse tivo a ocasión de facer durante a estrea do filme do Oz: The Great and Powerful en Londres. Escollemos esta imaxe xa que ten moita relación con ela, dado que é a autora da mesma, polo que haberá un interese real dos alumnos polo material que presentamos, porque son actrices e actores famosas/os, e porque nos permite tratar un tema que conta con bastante aceptación entre o alumnado: o cine. 

Para comezar, a modo de pre-tarefa, sacaremos o tema do cine para iniciar un debate ou diálogo co alumnado sobre as súas películas favoritas, se teñen algún actor ou actriz favorito e se algunha vez tiveron a ocasión de coñecer a algún persoalmente.

Despois, mostraremos a foto no taboleiro electrónico da aula a imaxe seleccionada e preguntaríamos sobre ela para ver se coñecen as persoas que nela figuran e se adiviñan quen sacou a foto. Unha vez descubran que foi a profesora, deberán tamén adiviñár onde foi sacada e que facía a profesora nesa cidade por aquel tempo. A foto coa que traballaremos é a seguinte:


Finalmente, como post-tarefa, e a modo de deberes, pediremos unha redacción dunhas 150/180 palabras sobre o seu filme favorito, a última película que viron ou sobre os seus actores ou actrices favoritos/as.

A actividade que presentamos está enfocada a rapaces de segundo curso do Bacharelato e como se pode ver prima o enfoque comunicativo xa que todo o tempo o alumnado está a expresar a súa opinión ou preferencias oralmente, interactuando de forma continua coa/co docente. Ademais, poderemos avaliar se o alumnado fai preguntas con corrección, se ten vocabulario dabondo para falar de gustos e falar de cinema, tipos de películas e sensacións. Coa tarefa para casa tamén poderemos avaliar o seu writing. Con esta tarefa tamén estamos a seguir a “regra” do “Minimax Teacher”, xa que con pouco input por parte da/o docente obtemos un gran output por parte do alumnado. Por tanto, consideramos que é unha actividade amena para as/os alumnas/os e que ao mesmo tempo permitirá avaliar moitas cousas a un tempo: destreza oral (tanto comprensión coma expresión), destreza escrita (expresión) e control da gramática e vocabulario pertinentes.

Esta actividade foi realizada en grupos de catro, unha vez máis contei coa boa colaboración e os saberes das miñas compañeiras e compañeiro David Álvarez, Nerea Pichel e Montse Vilariño. Se visitades os seus correspondentes blogues, ben seguro que atoparedes aportacións persoais do máis interesantes. 

Qué podo engadir ?

Paréceme moi ben o feito de empregar fotos que impliquen ao docente nalgún aspecto da súa vida persoal resulta unha estratexia inmellorable para chamar a atención do alumnado. Sen embargo, é preciso ter en conta que para que a imaxe resulte chamativa ten que ter realmente algo que fomente a curiosidade por saber. Quero dicir, que en moitas ocasións as fotos resultan ter interese por ser nalgunha parte do mundo en concreto o que supón quizais un bloqueo se non se dispón deste tipo de experiencias persoais. Por suposto, hai alternativas dabondo xa que se poden realizar montaxes curiosas, tirar de imaxes de revistas ou mesmo fotos propias que ofrezan outro punto de vista. 

A pesar de que a nosa proposta vai enfocada a un nivel de segundo curso de Bacharelato, habería que ter en conta o que supón traballar con este curso tendo en conta esa presión existente por mor das probas de selectividade. Podería darse o caso de que non exista un bo recibimento tendo en conta que nestas probas non se avalía a oralidade. Tendo isto en conta e a sabendas de que se trata dunha actividade para sacar proveito da expresión oral do alumnado, considero que sería perfecta para levar a cabo tamén e cuarto curso de secundaria e primeiro de Bacharelato. 

Vimos de comentar a nosa proposta na aula, así que só queda engadir algúns detalles que se trataron e cos que non podería estar máis de acordo:

  • A foto empregada tamén nos serviría para levar a cabo o xogo de One truth two lies
  • Tras ter comentado que para que o alumnado faga a redacción sería bo proporlles máis de un tema, fixose fincapé neste punto. Desta maneira, puidemos reflexionar que ofrecer máis de un tema posible dalle a posibilidade ao alumnado de traballar coa idea que se sintan máis comodidade e ademais para o docente lógrase que non sexa tan repetitivo correxir unhas vinte redaccións relacionadas exactamente co mesmo. Algúns dos temas que se poderían propor sería unha película favorita, se tiveron a sorte de coñecer algunha celebrity ou a quen lles gustaría coñecer
  • Ademais, a redacción permítenos ser adaptada claramente para os diferentes niveis así como tamén o alumnado conta coa posibilidade de comezar a traballala na aula e logo levar o que lles falte de homework




2ª Sesión con Ana

Bom día !

Esta segunda sesión volveu ser de gran utilidade para ver maneiras de enfocar o ensino de maneira dinámica ao mesmo tempo que eficaz. Reforzóusenos a idea de que temos que tentar levar a cabo unha aprendizaxe significativa e comunicativa o máximo posible. A raiz disto, falamos de que non todos os cursos son iguais e por tanto, hai casos nos que vai haber que adaptarse a outras necesidades. Por exemplo, o curso de 2º de Bacharelato sempre se trata de algo diferente e require un tratamento especial debido á selectividade. Este feito implica por exemplo a ensinanza de técnicas e estratexias para que o alumnado acade nos exames de selectividade a maior nota posible. No caso da asignatura de inglés puidemos ver a importancia de darlles reading strategies para evitar o bloqueo á hora de enfrontarse á proba. Un detalle que se nos comentou sobre isto e considero interesante é o feito de proporlles que traballen cun texto a principio de curso e volver a traballalo ao final do curso para que vexan a mellora que obtiveron. Dende o meu punto de vista esta práctica semella que pode dar resultados positivos e motivadores para o alumnado e, dalgunha maneira, tamén para o/a docente. 

Pois ben, tal como fun adiantando nas liñas anteriores, esta sesión foi entorno á comprensión escrita e lectora. Considero que traballando con textos se logra unha aprendizaxe da lingua pero tamén permite un amplo abano de posibilidades para adaptalo ao tema que se estea tratando nesa unidade xa que os textos poden contar todo tipo de información que nos interese ou mesmo unha simple historia. Debido a isto pódense facer actividades variadas, por exemplo un texto que fala dun tema en concreto tipo contaminación ou cambio climático pódese traballar facendo que busquen nas liñas información concreta que probablemente descoñecían ou, se pola contra, se trata dunha historia poderían facer a actividade de ordenar os parágrafos ata lograr que a historia cobre sentido. 

Ademais, tal como levamos falado ao longo destas semanas, está claro que non vai ser unha sesión enteira traballando a comprensión lectora de maneira illada. No caso da comprensión lectora sí que lembro que se acostumase a facer ese paso de pre-lectura pero quizáis sexa porque o funcionamento mecánico de traballar os temas fose sempre presentación de vocabulario e gramática e logo viña a lectura dun texto onde poderíamos atoparnos con eses coñecementos. É dicir, na miña experiencia penso que se facía pero quizais de maneira indirecta e non on purpose. Ademais que me refiro a que isto non pasaba sempre, senón que outras veces se traballaba o vocabulario e o tema en sí unha vez lido o texto. 

En relación ás tecnicas de evitar o bloqueo parecéronme perfectas as actividades que estivemos vendo. Lembro que na secundaria á hora de ler un texto ou un libro a nós deciannos que tiñamos que buscar o significado xeral e non preocuparnos por non entender palabras a non ser que realmente bloqueasen a comprensión. Pero o que sí me tería gustado é que fixesen actividades como as que nos ensinaron en clase. O texto do etsduio de una uivenrsdiad ignlsea xa o coñecía pero non deixa de ser interesante para mostrarllo ao alumnado. Encantoume e chamoume moitísimo a atención esa actividade de The Spellcheck, tanto que non me resistín en ver cal sería a reacción do meu irmán  e abofé que se sorprendeu tanto ou máis ca min. Por se fose pouco, fun do máis inocente cando lin un par de parágrafos con palabras que proviñan do Cockney, pareceume un truco  moi bo. Outra idea que me pareceu do máis inxeniosa foi ese invento de pizarra blanca a partires dunha cartulina blanca plastificada, iso sen dúbida non me vou resistir a probala en canto teña oportunidade e ideas para sacarlle o máximo partido.

En definitiva, penso que empregando este tipo de actividades resulta imposible que o alumnado non teña curiosidade constante por saber que é o que vai pasar nos próximos cinco minutos. É evidente que non se trata de facer este tipo de actividades constantemente, que tamén hai contido que se fai máis aburrido. Penso que no equilibrio está a clave tanto para o alumnado como para a/o docente. Ademais, considero que se o alumno mantén a curiosidade xa está logrado ese propósito de que se impliquen en cada sesión e asistan de maneira activa e con motivación.   


domingo, 29 de enero de 2017

ENFOQUE POR TAREFAS

Un dos temas sobre o que tamén aprendemos nunha das sesións con Carlos Valcárcel é o enfoque por tarefas. Existe como metodoloxia dende os 80 principios dos 90. Trátase dunha aprendizaxe baseada na resolución de problemas da vida cotiá que o alumnado ten que resolver. Tamén é denominado aprendizaxe por proxectos, xa que o obxectivo final é resolver unha proposta que require de pequenas tarefas previas. Podémolo atopar no MCERL. Ademais, este enfoque está influenciado directamente non só polo constructivismo, xa que se leva a cabo un proceso de construcción, senón tamén polo conectivismo debido á aprendizaxe colaborativa que representa unha das vantaxes que ofrece.

"TEAMWORK DIVIDES THE TASK 

AND

 MULTIPLIES THE SUCCESS." 

UNKNOWN 


Unha das principais estratexias desta metodoloxía é a andamiaxe (scaffolding) xa que ofrece unha variedade de técnicas dependendo da competencia que queremos traballar. Por exemplo, repetir varias veces un listening para que se entenda. Facer unha lista do que che gusta e o que non, achéganselles aos alumnos writing friends (estructuras que poidan usar para expresar esas ideas en canto ao tema proposto). Unha tarefa constrúese sobre as anteriores, as tarefas que se van seguir teñen que ser consecuentes coas que se están traballando con anterioridade. 

Tal e como comentei nas liñas anteriores, o alumnado ten  que levar a cabo tarefas reais, por exemplo unha lista da compra ou facer o cartón de convite para a túa festa de aniversario. Outro exemplo sería aprender a redactar un mail para comunicar que un producto que se mercou está defectuoso.Trátase de tarefas pedagóxicas. Resulta importante sempre exemplificar ou mostrar as estruturas coas que se traballa e achegar tutoriais das ferramentas que se van empregar para a tarefa. Tamén se pode por un exemplo dun proxecto rematado para que o alumnado o visualice e se faga unha idea.

Este enfoque parte do punto de vista dunhas tarefas facilitadoras que nos permitirán facer a tarefa final. Teñen que aparecer de maneira recorrente para que sirvan de utilidade. É preciso presentar unha lista dos elementos lingüísticos que se queren traballar ao programar unha tarefa determinada. 

Para este enfoque é preciso ter en conta a noción de función comunicativa. A tarefa comunicativa debe servir para producir algo en lingua estranxeira, algo máis alá da tipica redacción, unha actividade que reflexe a producción de algo real. O aprendente debe reflexionar sobre o producto final. Por exemplo, presentarse ou buscar información (macrofunción) ou buscar un apartamento (microfunción). Outro exemplo sería marcar unha data para quedar con alguén. Trátase de tarefas que implican o emprego de estruturas e vocabulario requerido para funcións comunicativas especificas relacionadas coa vida real. Pola contra, unir items en columnas non é unha tarefa comunicativa xa que non se trata dunha aprendizaxe activa. Tamén ten relevancia o coñecemento significativo xa que vai asociado a unha serie de experiencias. 

Unha tarefa ten a finalidade de que o aprendente se convirta en ususario e falante da L2. Debe ter unha perspectiva xa que se trata dun plan de traballo cunha secuencia encamiñada a un fin: focus on form e focus on meaning sen deixar de empregar os exercicios estruturais (drills), que van estar integrados na secuencia de significado. A tarefa debe mobilizar competencias lingüísticas e procesos cognitivos. Ten que haber un resultado final en lingua estranxeira a ser posible oral e escrita (minimo oral sempre), audio, video, foto, etc. 

Despois de dispor deste coñecemento sobre o enfoque por tarefas, traballamos en grupo para propor unha tarefa posible. No meu grupo, decidimos que sería unha boa idea ter como obxectivo organizar unha festa de aniversario. Sen embargo, unha vez comentado en clase puidemos ver que se trataría xa dun proxecto grande que requiriría de longo prazo para a súa preparación. Unha tarefa sería elaborar o cartón de convite para a festa, sen embargo, nós pensamos nunha serie de tarefas que require a planificación do proxecto, algúns exemplos poderían ser aprender a presentarse ou convidar, así como os procesos cognitivos que implica o proxecto como a estimación dun orzamento, listar ou manifestar opinións e preferencias. Ao final pensamos que poderían facer unha mini representación teatral. Pero tal como digo nas liñas anteriores, isto trataríase xa dun proxecto formado por pequenas tarefas. 

Tamén se nos comentou que sempre teñen que estar as instruccións e os criterios de avaliación moi claros dende o inicio do proxecto. E para avaliar no momento da festa en clase é recomendable gravar e axudarse dunha folla de observación para apuntar aspectos requeridos. 

Persoalmente, considero que este enfoque pode resultar de grande utilidade de cara á aprendizaxe do alumnado xa que permite a proposta de tarefas motivadoras ademais de promover a súa formación e desenvolvemento no seu día a día. Penso que sempre que conte cun bo plantexamento o alumnado pasa a ser fundamentalmente activo, desenvolve as competencias e aprende a traballar en equipo e a organizarse. Sen embargo, quero facer fincapé na necesidade dun bo plantexamento non só para que o alumnado entenda ben as instruccións senón tamén polo feito de que aplicar este enfoque en exceso pode resultar contraproducente. É dicir, este enfoque require de moito traballo e atención co cal o alumnado non podería desenvolverse se se lle propón un proxecto en cada asignatura ao mesmo tempo. 



sábado, 28 de enero de 2017

1ª Sesión con Ana

Fai cousa duns días tivemos a nosa primeira sesión coa profesora Ana. Antes de comezar a reflexionar sobre os principais aspectos desta sesión teño que comentar unha pequeniña opinión que pode que sexa out of place. Resulta que agora que xa coñecemos ás dúas profesoras que imparten clase en educación secundaria sinto envexa pola sorte que ten o alumnado cando ten profesorado competente que lles FALA EN INGLÉS. Persoalmente, a pesar de que sempre tiven moi bo profesorado, teríame gustado que as clases de inglés fosen impartidas nesa lingua e non en galego a maior parte do tempo. Entendo que sexa necesario facer pequenas aclaracións ou mesmo explicacións en caso de que non se entenda algo, pero a min falábanme prácticamente seguido en galego e claro, debido a isto ao comezar a carreira alucinaba mentres gran parte da clase viña xa con este hábito adquirido. 

Isto lévame a un aspecto que falamos nesta sesión: é factible lograr que todo o alumnado fale na clase polo menos unha vez. Resulta algo que aínda non acabo de visualizar claramente, xa que se tivese que pensar nalgún dos motivos polos que o profesorado de inglés nos falaba en galego era porque sempre había alguén que non había maneira que dixese algo ou lograse ler máis alá dun número reducido de liñas. A verdade é que se o penso, non sabería moi ben como afrontar este obstáculo xa que lembro que o pasaban realmente mal cando o/a profesor/a lles metía algo de presión para expresarse en inglés. 

Por outra banda, os xogos de warm up en xeral parécenme unha maneira perfecta para facer que o alumnado se motive para participar activamente na clase. E por se isto fose pouco, os xogos tipo The Chain tamén ofrecen a vantaxe de obter información uns de outros facendo así unha maior unión para traballar en equipo e funcionar nunha boa armonía na que se inclúe a/o docente. 

En canto ao papel do/a docente considero importantísimo o feito de que debe ser respetado pero dende o punto de vista do valor que ten como profesional e non por imporse ante o alumnado. Ademais de que me parece fundamental iso de que o alumnado se debe motivar cando ven a/o docente chegar polo corredor na contra de lamentarse. Penso que se debe promover un ensino motivador e inspirador, un ensino que guste e que non represente un castigo estar unhas horas insoportables no centro. As miñas lembranzas en secundaria móstranme que ata o alumnado máis revirado acaba recoñecendo a valía do/a docente competente. 

O aspecto da motivación paréceme básico por suposto. Trátase de espertar continuamente a curiosidade no alumnado, que se poidan cumplir metas que se fixen con cada asignatura,  fomentalos e darlles iniciativa para que poidan superarse cada día. Penso que a maioría das veces que a asignatura de inglés non gusta está relacionado coa actitude do/a docente e co funcionamento das clases. En moitos casos o papel do/a docente céntrase en prestarlle demasiada atención ao alumnado que ten un nivel máis baixo, iso pode resultar moi negativo se se enfoca de maneira incorrecta. Unha boa maneira de axudar ao alumnado con nivel máis baixo sería facer que empecen falando por parellas e en pequenos grupos e logo xa en clase de maneira xeral. É dicir, ás veces hai casos nos que o alumnado non se atreve a falar tan fácilmente para toda a clase sen ter algo de warm up previo. Cousa que nas clases tradicionais de inglés non se atopa facendo que toda a sesión resulte máis seria e aburrida. Non se trata de que as clases sexan simplemente xogar pero sí que poidan apreciar que as clases sexan amenas e dinámicas, onde se divirten, teñen curiosidade e aprenden ao mesmo tempo. 





Alén disto, gustoume poder ver que os mesmos materiais se poden adaptar aos distintos niveis e que funcionan se se axusta o output que se quere obter. Moitas veces cando vemos un determinado material o descartamos pensando que igual é demasiado ou incluso moi pobre para os niveis altos, sen embargo, nestas sesión puidemos ver como isto depende da perspectiva coa que se vexa e dos obxectivos que nos propoñamos en cada nivel. 

Ao mesmo tempo, no referente ao traballo con audio, chamoume a atención esa fase de pre-escoita co propósito de activar coñecementos previos e contextualizar así a temática do audio. Resulta un paso que lle resulta de gran axuda ao alumnado e a verdade e que nunca me parara a pensar na existencia desta fase nin tan sequera son consciente de se o chegaron a facer algunha vez durante o tempo que fun alumna. 

Para rematar, gustaríame destacar as variedades que aprendemos de Dictation xa que supón unha maneira diferente e elimina esa idea de rutina á hora de facer un dictado. Tamén penso que debe ser de gran utilidade rematar algunha que outra clase con actividades de bell-work, o feito de  escribir o vocabulario que se aprendeu despois desa sesión semella moi ilustrativo para axudarlles a aprendelo, pódese facer dunha maneira moi dinámica traballando de maneira individual ou en grupo, e tanto en papel como no mesmo taboleiro. Ademais, parécenme de gran utilidade os consellos dados ao longo da sesión así como a inclusión de ferramentas e videos como o de Jamie Keddie, un referente ben interesante, podemos ver aquí como fala do seu videotelling. 

viernes, 27 de enero de 2017

Un artigo interesante !



Atopei este artigo publicado en “El País” o pasado 23 deste mes e considero interesante compartir con vós as ideas que se tratan, xa que están directamente relacionadas coa nosa formación e coas charlas que se levan a cabo nas sesións de clase. 

Titúlase El profesor del siglo XXI tiene que enseñar lo que no sabe e céntrase nunha entrevista realizada a Peter Senge, profesor da escola de negocios de Massachusetts. Critica principalmente esa mecánica que segue mantendo o proceso de ensino-aprendizaxe ao longo dos anos onde o alumnado permanece sentado de maneira totalmente pasiva escoitando o que o/a docente conta. Aboga por derrocar este tipo de funcionamento e por loitar por unha educación na que os discentes participen na súa propia aprendizaxe. Básicamente defende un aspecto fundamental que xa comentamos en clase e incluín nalgunha das miñas entradas anteriores: o proceso de ensino-aprendizaxe debe ser algo bidireccional. 

Entre outras ideas que se tratan neste artigo, podemos ver que se fai referencia ao modelo de educación de Singapur xa que foi modificado de maneira que o/a docente deixa de estar centralizado e o alumnado recibe propostas de retos que se poden atopar na vida real e teñen que resolvelos da mellor maneira posible. Por outra banda, en relación ás TIC, tamén se afirma que a innovación debe residir nas técnicas de aprendizaxe xa que uso de tecnoloxías revolucionarias non resultan a peza clave para a formación educativa a pesares de que sexan de axuda e dinamización das aulas. 

Nas liñas do artigo pódense ver referencias a máis aspectos de interese considerable. Por iso, recomendo a súa lectura xa que en cuestión de cinco minutiños aportan unha liña xeral do que levamos falado durante estes últimos meses e semanas. 

lunes, 23 de enero de 2017

ARGALLAMOS UNHA ACTIVIDADE

Bom día !

Na primeira sesión que tivemos, Luz Valencia propúxonos a elaboración dunha actividade na que se traballen dúas competencias máis a maiores da comunicación lingüística. Pois ben, tras darlle un par de voltas déixovos por aquí a miña proposta. A ver que vos parece.

O enfoque centraríase en traballar sobre un cadro de arte. O/A docente comezaría proxectando un traballo artístico elexido previamente. Por exemplo, Impresión, sol naciente de Claude Monet. Mentres a imaxe está proxectada o/a docente iniciaría unha especie de charla para implicar ao alumnado na temática, trataríase de guiar o debate preguntándolles se recoñecen esa obra en cuestión ou se se lles fai familiar, se lles gusta a pintura ou que autores lles son familiares. Logo, poderían traballar en pirámide e debatir se saben o autor e o título para rematar falandoo todo o grupo en común. 


Unha vez feito isto teríamos que contar coa aula de informática ou que o alumnado teña na aula cadanseu ordenador xa que terían que facer o seguinte: terían que mergullarse na rede ou incluso consultar materiais na biblioteca se quixesen e preparar unha infografía na que inclúan aspectos que consideren relevantes sobre a obra proxectada ou algunha que lles guste ou prefiran. Por suposto o texto das infografías tería que estar en inglés, e o/a docente encargaríase de correxilas para rematar expóndoas nalgún dos corredores do centro por exemplo. 

Poderían empregar Easelly para crear as infografías, logo tamén contarían cunha listaxe de estructuras para describir a obra escollida e por suposto terían diccionarios e os coñecementos do/a docente para resolver dúbidas.  

Trataríase dunha actividade para traballar en dúas sesións ou nunha e rematar na casa como deberes e penso que funcionaría ben en niveis de 3º-4º. Ademais, poderíase traballar de maneira individual ou tamén por parellas en función da situación. Alén da comunicación lingüística, penso que se fomentarían e reforzarían as competencias dixital e conciencia e expresións culturais de maneira directa. Considero que dalgunha maneira tamén se traballarían o sentido de iniciativa e espíritu emprendedor e aprender a aprender. 

APRENDEMOS SOBRE CALL

Nesta entrada quérovos contar de qué falamos nunha das sesións  co profesor Carlos Valcárcel. Pois ben, estivemos aprendendo sobre a didáctica CALL, cuxas siglas fan referencia a Computer Assisted Language Learning.

Comezamos a sesión reflexionando sobre qué sabemos sobre CALL, qué usamos e qué queremos saber. A verdade é que ao querer contestar estas preguntas sentinme un chisco perdida porque dende o meu punto de vista parecíame que non sabía nada e que quería sabelo todo en xeral. Afortunadamente, según fomos debatindo logo en grupos todos puidemos comprobar que algo si que sabiamos, algo si que chegamos a empregar nalgún momento das nosas vidas e por suposto queremos seguir aprendendo máis e máis.

No meu caso, podo afirmar que gracias a un curso que fixen de ELE o ano pasado e tamén coa materia de Innovación deste mestrado puiden coñecer e aprender con ferramentas moi prácticas como o son Easelly, Audacity, Wordle, Padlet, a creación de Webquests e MOOCs … pero se tivese que destacar unha ferramenta moi útil para todo usuario e navegante da que me declaro un pouquiño adicta, esa é Symbaloo. Nesta ferramenta podes recolectar moreas de enlaces web que non queres perder podendo acceder a eles de maneira rápida. Dende que a coñecín non deixo de usala para almacenar enlaces de interese de maneira sinxela. Tamén hai que decir que non son precisamente unha grande usuaria destas ferramentas e por ende lévame algo de tempo adaptarme e coñecer o funcionamento de cada unha delas, pero así é como mellor se aprende claro !

Tamén falamos de outras ferramentas que polo feito de ter certa fama e boa sona pois todos coñecemos, aínda que non cheguei a ser usuaria de Babbel sí o fun de Duolingo por exemplo. Son ambas ferramentas interactivas para a aprendizaxe de linguas aínda que no caso de Duolingo debo engadir que funciona para aprender a lingua a niveis máis ben baixos, o que non quere decir que sexa unha aplicación mala xa que ata cando acadamos os niveis altos nos pode servir para lembrar coisinhas de vocabulario ou así que nos quedaron no esquecemento sen decatarnos.

Considero interesante engadir unha ferramenta que usei fai uns anos, chámase Lang – 8 e serve para practicar a competencia escrita. Unha vez que te rexistras, é preciso indicar qué linguas queres practicar e cal é a lingua inicial. Desta maneira, usuarios nativxs das linguas que practicas corrixen e axúdanche a mellorar e pola túa parte fas o mesmo coa túa lingua inicial. Paréceme unha maneira de practicar e aprender a escritura de xeito libre.

Mentres falabamos destas aplicacións e ferramentas aprendemos unha cousiña nova chamada ludificación, en inglés gamification. Trátase de dar puntos, insignias ou privilexios para incrementar a motivación. Emprégase en educación infantil dende fai moito tempo e estase adaptando para os adultos en aplicacións e ferramentas de aprendizaxe. Por suposto, tamén é unha estratexia practicada no mundo laboral.

Alén disto, falamos doutros aspectos a ter en conta como o feito de que as novas xeracións nacidas dende o 95 son nativos dixitais e que polo tanto teñen unha gran axilidade coas tecnoloxías. Outro detalle que non podemos esquecer é que o uso de tecnoloxías non implica que se enfoque en novos métodos, de feito, o CALL non é unha metodoloxía determinada senón un enfoque didáctico.

Como ía decindo antes, sabiamos pouco e pretendemos aprender máis. Por iso nesta mesma sesión aprendemos que cando falamos de CALL vai directamente relacionado co e-learning, e ámbalas dúas teñen unha serie de potencialidades:
  • Aprendizaxe ubiqua: a través de dispositivos conectados e móbiles, pódese traballar dende calquera sitio e en calquera momento. Implica bastante reformulación en canto a interacción co alumnado e os horarios.
  • Aprendizaxe activa: o papel do aprendente é a aprendizaxe activa tanto cos compañeiros, co profesor e co propio contido da web editando materiais como vídeos ou textos.
  • Comunicación multimodal: tanto o profe como o aprendente prepara contidos.
  • Feedback recursivo: cada aprendente pode interaccionar co profesor. O profesor pode introducir unha serie de técnicas como comentarios en redes sociais ou foros. 
  • Aprendizaxe colaborativa: trátase dunha potencialidade. Tamén hai maneiras de traballar de maneira autónoma e individual. Pero con esta potencialidade pódese traballar en grupo sen ter que estar presentes fisicamente, traballar en equipo de maneira online.
  • Metacognitivo: reflexionar mellor sobre como estamos aprendendo
  • Aprendizaxe diferenciada/personalizada: permite ver bastante ben a progresión do alumnado e o seu nivel así como crear actividades personalizadas de reforzo dependendo das necesidades do alumnado.
  • Responsive design. Deseño adaptado: Tense que ver ben. Usamos teléfonos, tablets, notebooks, portátiles etc. O interface ten que ser ben coñecido polo alumnado e que sexa usable, non debe complicar o traballo senon facilitalo. Ten que estar de maneira adaptable a todos os dispositivos. Hai que usar ferramentas adaptables porque o alumnado ten bastante tendencia a empregar os teléfonos móbiles para traballar. 
  • Tempos de aprendizaxe: síncrono, cando aprendemos xuntos ao mesmo tempo e ritmo. Asíncrono, pola contra, xuntos pero a distinto ritmo e en tempos diferentes. Pode haber chats síncronos e asíncronos. Sempre é fundamental á hora de planexar actividades ter en conta se van ser síncronas ou asíncronas.
Ademais, trátase dunha didáctica bastante flexible e ofrece diferentes modalidades:
  • Full E-learning: pode ser síncrono ou asíncrono
  • Bended Learning ou Flipped Classroom: exténdese cada vez máis rápidmente no mundo das linguas e a aula invertida (flipped classroom). Pódese facer blended learning con calquer tipo de metodoloxia. 
Para os aprendentes tamén existe unha variedade de opcións:
  • Pequenos grupos: pódese atender persoas en hagout sen problema.
  • One-to-one: expansión total. De maneira online.
  • Grandes grupos: cando xa son moi grandes os grupos hai q usar un Learning Management System, e empréganse MOOCS.
  • Comunidade de aprendizaxe: hai un syllabus cuns obxectivos fixados, por exemplo nós en clase. 
  • Comunidade de práctica: crease un grupo de xente nalgunha rede social tipo Facebook que quere practicar inglés. Hai comunidades de prácticas que apoian aplicacións e os seus foros. Normalmente nas comunidades de prácticas tan só un 1% crean materiais e contido. É a regra do 90-9-1, asi funcionan as comunidades: hai un 90% que só contempla na comunidade e non colabora realmente, o 9% apoia e anima ao 1% que crea e participa de maneira activa na comunidade. O 90% son lurkers, xa que só contemplan e non participan realmente na comunidade, hai ocasións na que logo pasan a formar parte dese 1% e comezan a participar.
Ademais, existe unha variedade de ambientes de aprendizaxe:
  • LMS: Learning Management System, por exemplo a páxina que usamos nós de Faitic ou a rede social Edmodo.
  • Blogs: moi extendido o seu uso. O noso é un blog de aprendizaxe. Pero tamén hai blogs de aula onde se comparten documentos e información para os pais, podeos usar so o profesorado ou profes e alumnado.
  • Redes sociais: increméntase o seu uso dende o ano 2010 a pesar de que non están pensadas como un Learning Management System. Hai redes sociais que todo o mundo coñece e outras que non son tan populares. O profesorado tende a usar redes sociais que coñeza o alumnado para que poidan manexar fácilmente a súa interface. Pódese usar facebook que, tal e como vimos en clase, semella que funciona realmente ben ofrecendo unha aprendizaxe amena e diferente tanto para o alumnado e o docente. Resulta moi importante que todo o que se publique conteña imaxe ou vídeo para manter constante o nivel de atención e curiosidade e así participen de maneira activa.
  • Ambientes colaborativos: wikis, muros, presentacións, muros colaborativos como Paddlet, etc.
Considero que o CALL ofrece un abano de variedades enorme que, empregadas correctamente, poden arroxar moi bos resultados tanto para o proceso de ensino-aprendizaxe como para ser usuarios no noso día a día. Para axilizar as horas de traballo é recomendable ter sempre presente que ...

CANTA MÁIS INTERACCIÓN PERMITA E MÁIS FÁCIL SEXA A INTERFACE DE USAR MOITO MELLOR PARA A SÚA FUNCIONALIDADE !




domingo, 22 de enero de 2017

TIPOS DE DIDÁCTICA E TRATAMENTO DO ERRO

Bom día a todos!

O 11/01 tivemos clase con Carlos Valcárcel e puidemos ver que se debe fomentar a amplitude do repertorio lingüístico na comunidade para evitar a exclusión.

Nesta sesión estivemos vendo os tipos de didáctica que podemos atopar:
  • Didáctica da lingua inicial. Os materias que se empregan non sempre son os adecuados para o nivel do alumnado, especialmente para o nivel das crianzas.
  • Didáctica para a lingua segunda (ambiental). Aplícase en Canadá por exemplo e tamén nos plans de formación para a poboación inmigrante. Caso de Canadá cos Refuxiados
  • Didáctica da lingua estranxeira. Trátase da que estamos aprendendo nós durante estas semanas. O inglés cada vez mais deixa de ser unha lingua estranxeira e pasa a ser unha segunda lingua ambiental. Resultaría redundante a ensinanza dunha lingua estranxeira cando xa a están adquirindo a través do seu entorno, por exemplo a través do tempo de lecer empregando os videoxogos.
Ademais, tamén puidemos ver que existen tipos de didáctica híbridos que se adaptan a situacións determinadas:
  •  Didáctica CLIL (Content and Language Integrated Learning)
  •  Aprendizaxe precoz das linguas estranxeiras. Para aprendices de educación infantil e primaria. As linguas comezáronse a ensinar con carácter obligatorio no ensino secundario (a partires dos 11 anos) na educación pública no ano 1854.
  • Linguas estranxeiras para fins específicos. É unha metodoloxia especifica na que se traballa a didáctica da terminoloxia. Resultou interesante ter falado en clase que deberían ter incluído no mestrado algunha asignatura referente a isto xa que se nos imos dedicar á ensinanza das linguas estranxeiras será máis que probable que teñamos que traballar neste eido terminolóxico. Persoalmente, considero que no caso de telo incluido precisaría dun bo plantexamento. No meu caso tiven en cuarto de filoloxía Fins Específicos enfocado no Business e a verdade e que aprendemos máis ben pouco, xa que se trataba dunha asignatura máis de lingua inglesa na que se facían exercicios de gramática e actividades dun nivel bastante baixo en comparación co que levabamos traballado noutras materias.
  • Linguas estranxeiras para seniors. A partires de 55 anos. Cada vez máis nestas idades queren aprender unha lingua estranxeira, xa que o recomendan moito para a saúde neuronal e memoria. Cada vez lánzanse máis programas deste tipo. Tamén se están lanzando actividades de turismo lingüístico, por exemplo cociña con chocolate e francés ou golf e inglés. Pareceume moi interesante este tipo de didáctica xa que penso que ten aportarlle moito ao docente o feito de traballar con actividades que claramente misturan o lecer coa aprendizaxe da lingua. Considero que debe tratarse dunha experiencia que vale a pena probar.
Tamén me pareceu do máis interesante un aspecto que falamos en clase e considero que son posibilidades que se non te informan de que existen pois igual non se chegan a descubrir nunca. Contóusenos que se poden facer programas de actividades para diferentes públicos e vendelos en asociacións para polos en funcionamento, paréceme unha opción a ter en conta xa que nalgún momento dado pode servir para traballar diferentes aspectos da lingua e tamén as necesidades dependendo dos discentes. Ademais, tamén se nos dixo que era recomendable traballar nalgún momento en ciclos xa que o alumnado tende a estar moi consciente da necesidade das linguas. Penso que este tipo de detalles e información que se nos da nas clases resulta do mellor que se nos pode aportar xa que como veño decindo, é coñecemento práctico que so se adquire coa experiencia e con tempo e non se atopa nun manual de teoría, senón máis ben no manual da vida e do curso do tempo.

Para por un pouquiño en práctica este coñecemento fixemos unha actividade na que había que establecer qué tipo de didáctica se empregaría en diferentes situacións e estivemos debatindo ata concluir que a realidade trata de adaptarse á unha metodoloxía pero tamén aos enfoques didácticos que se precise dependendo da natureza da clase de inglés en cuestión.

Alén disto, durante esta sesión traballamos algo que nos preocupa a todos en xeral, é o tratamento do erro. Desta maneira aprendemos que hai dous tipos de orixe para os erros: ou ben por contacto e transferencia negativa da lingua inicial ou por analoxía. Se é por analoxía significa que hai moita adquisición e a estructura da lingua, haberia que dar gramática implícita. Se é transferencia negativa require dunha maior contextualización para que se convirta nunha transferencia positiva. Logo faltaría determinar os tipos de erros para poder traballar con actividades máis específicas xa que poden ser sintácticos, de gramática, ortografía, etc. Resulta moi importante facer unha avaliación diagnóstica para saber a lingua inicial e tamén é fundamental ter clara a progresión das fases de adquisición, o tipo de lingua inicial e o da lingua meta.

Durante a aprendizaxe traballamos de maneira cíclica basada en INPUT – ENSAIO – ERRO. Por iso é fundamental a análise do erro para saber localizar en que fase do camiño nos atopamos. A partir do erro surxe a aprendizaxe tamén. Non hai output sen input. Se non hai output non hai progreso. É preciso ter un bo input e logo práctica e erro para chegar a un bo output. É fundamental integrar para fomentar o output. Se non se anima e se recoñece que se está logrando output xenérase bloqueo e frease a motivación para seguir producindo. Cando o falante está cometendo erros está facendo hipóteses e construindo o seu inglés, como se estivese construindo un castelo. Se unha peza está mal colocada non botas abaixo todo o castelo senon que reparas esa peza mal colocada para seguir progresando na construcción. Dáselle imput para que compare e reformule. Cada nivel da lingua estranxeira posue unha serie de erros determinados. É fundamental informar ao aprendente dos erros que comete para que os visualice. Non podo deixar de incluir esta metáfora do castelo que se dixo na clase porque sei que a partir desa imaxe interiorizo estas ideas dunha maneira moi eficaz.

Fixemos unha actividade por parellas na que se trataba de escribir cada un de nós unha oración mal formulada e comprobar como nos correxiría @ nos@ compañeir@. Foi moi útil e tamén visual, unha maneira de convidarnos a reflexionar sobre a nosa propia experiencia e de lembrar como as cousas tachadas en vermello resultaban un tanto violentass e desmotivadoras.


Así, aprendemos que o vermello pode resultar un método agresivo. Falamos dunha opción que me pareceu realmente boa e que podería funcionar dunha maneira moi positiva, trátase de empregar diferentes cores en función do tipo de erro cometido. Sería práctico para o alumnado para ver claramente en qué aspectos precisaría un maior esforzo e se facemos que reformulen a aprendizaxe resultaría máis eficaz.
En conclusión é importante ter en conta que ... 

CORREXIR É TRATAR O ERRO E DAR FEEDBACK !

sábado, 21 de enero de 2017

1ª SESIÓN

O pasado día 12/01 puidemos coñecer unha profesora nova, Luz Valencia. Despois da primeira sesión que tivemos, paréceme que esta materia vainos servir de moita axuda de cara a nosa aprendizaxe como futuros docentes. Para que non quededes coa dúbida, vouvos contar nas próximas liñas todo o que me levaron a pensar os contidos traballados ese día.

A actividade Two truths and one lie pareceume unha opción moi boa para conseguir romper o xeo, captar a atención do alumnado e motivalos. Para min xa era coñecida, xa que a descubrín o ano pasado nun curso que fixen de ELE. Penso que é de gran utilidade e axuda tanto para o docente como para os discentes xa que ofrece unha perspectiva de traballo considerablemente ampla. É un xogo co que o alumnado aprende e por se fose pouco, poderíase facer de maneira que non sexa sempre o/a docente o que expoña datos da súa vida. É dicir, podería levala a cabo o primeiro día o docente para que o alumnado entenda a mecánica, pero logo para outras ocasións estaría xenial que fose saíndo o alumnado. Este podería contar coa axuda do/a docente para expor no taboleiro oracións formuladas correctamente. Desta maneira lograríase crear un grupo máis unido e máis conectado que, en consecuencia, traballará en armonía.

Alén disto, tamén me resultou chamativo a necesidade que ten o alumnado hoxe en día de saber manexar ben un diccionario. Paréceme unha ferramenta fundamental para resolver dúbidas e aprender aspectos characterísticos dunha lingua como poden ser os idioms, os phrasal verbs, false friends ou mesmo as collocations. Dende o meu punto de vista, no mundo das linguas esta capacidade non pode faltar. Ademais, aínda que veño de filoloxía e non de tradución, considero importantísimo alertar ao alumnado dos problemas que pode causar o Google translate, a pesar de que nos agasalle cunhas traducións do máis graciosas.

En canto á corrección de redaccións puiden ver dende a miña experiencia como se deu ese cambio na estratexia. Durante a miña formación no instituto e primeiros anos de carreira recibín erros tachados e correxidos en vermello. Na carreira isto cambiou cando nos comezaron a dar clase lectores, xa que con eles comezamos a recibir os erros marcados pero non correxidos e algúns deles incluso agrupaban nun documento oracións con erros collidos das redaccións de todo o grupo para logo analizalos e correxilos en clase xuntos. Esta maneira de correxir paréceme sen dúbida moi útil e interesante, así o alumnado deixa de ver tachóns vermellos que resultan violentos e tendo que pensar e correxir os erros considero que a aprendizaxe se interioriza mellor.

O que máis me sorprendeu claramente é esa iniciativa do alumnado que puidemos comprobar ao ver o material creado por eles. Encantáronme esas dúas rapazas que decidiron entrevistar a un turista e traballaron para facelo o mellor posible. Consideroo algo que mostra claramente ganas de aprender, entusiasmo e valentía para querer desenvolverse nunha situación real. O video da rapaza cantando tamén me pareceu fascinante, pero impactoume tamén polo feito de que a min non me puñan este tipo de traballos para facer.

Dende logo, encontro moi bo o feito de traballar cunha variedade ampla de materiais para que o alumnado teña a oportunidade de traballar coa lingua real. Unha vez máis remato pensando que o sistema educativo non é o factor absoluto, senón que os/as docentes e discentes teñen moito que ver á hora de traballar, motivarse conxuntamente e aprender uns de outros.


“In learning you will teach, in teaching you will learn”
 - Phil Collins - 


miércoles, 18 de enero de 2017

Ola de novo ! Cóntovos un pouquiño, durante este mes de Xaneiro estaremos traballando a asignatura de Didáctica das Linguas Estranxeiras...xusto unhas semanas antes de comezar as prácticas !
Polo de agora esta nova asignatura pinta moi ben.
Entón, o luns día 9 tivo lugar a primeira clase na que se nos presentou o funcionamento da asignatura en xeral e debatimos un chisco sobre as expectativas que temos ante ela. Coincidimos todos en que agardamos recibir coñecementos prácticos xa que durante os meses anteriores foi todo cun enfoque máis teórico.
Este primeiro día de clase introducimos a asignatura falando da lingua inicial, da segunda lingua ambiental e das linguas estranxeiras. Para ver os aspectos en común e as diferencias entre a lingua inicial e a lingua estranxeira mandóusenos debatir en grupos, para logo establecer as ideas e escribilas no taboleiro. Desta meneira, puidemos ver algunhas características moi interesantes como que a lingua inicial se adquire de maneira natural mentres que a lingua estranxeira escóllese por motivacións específicas da man de cada individuo. É preciso ter en conta que o caso do inglés ven imposto en xeral dado o nivel de crecemento claramente notable nesta lingua estranxeira. De feito, xa se pode tratar a lingua inglesa como unha lingua ambiental. Quedounos no taboleiro un esquema que nos resume moi ben as ideas tratadas nesta actividade, tanto que achego unha foto para que comprobedes que non minto.




Outra actividade moi interesante que fixemos foi traballando en pirámide, na que empezamos debatindo en pequenos grupos as linguas estranxeiras que estudamos para logo ir ampliando os grupos e rematar pondo en común que todos manexamos o galego, castelán e inglés. Logo tamén se nos asignaron unha serie de casos que tivemos que analizar e pensar qué linguas se ian manexar en cada situación. Por exemplo, no noso grupo puidemos ver que se te atenden no Zara do Marineda City o máis probable é que te atendan en castelán a pesar de que ti te dirixas en galego. Pola contra se o cliente se dirixe en inglés, farán un esforzo por comunicarse nesa mesma lingua. Outro exemplo foi comprobar que na empresa de Citroën aquí en Vigo empregan a lingua francesa.

O funcionamento destas clases paréceme moi ameno e realmente útil a verdade. Considero moi bo traballar así porque á vez que se nos imparte contido da asignatura tamén podemos ver o funcionamento de diversas técnicas de traballo que podemos aplicar nun futuro. Persoalmente, as actividades de debate en pirámide resultan eficaces para aprender de todos xs compañeirxs á vez que se reforza o traballo en equipo e a comunicación en grupo.

Gustoume que se trate a lingua materna denominándoa lingua inicial xa que me parece un termo moito máis adecuado. De feito, isto lembroume a un poema que tratamos en clase de colonialismo en 3º de carreira. Poema que en sí non me gustou pero si atopo interesantes as ideas de colonización e da contraposición que fai coa lingua inicial e a estranxeira (sempre relacionado neste poema coa colonización claro). Por se resulta do voso interese, déixovos por aquí a Marlene Nourbese Philip recitando as súas liñas, Discourse on the Logic of Language.





miércoles, 4 de enero de 2017

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 1

TEMA 1
O MARCO COMÚN EUROPEO DE REFRENCIA PARA AS LINGUAS. OBXECTIVOS, MÉTODOS E PRIORIDADES DA POLÍTICA LINGÚÍSTICA EUROPEA.

Dentro deste tema estivemos reflexionando ata qué punto os libros de texto respeitan os niveis de idiomas determinados polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e os problemas que supón que non se respeiten esta serie de normas de cara á eficacia dos libros de texto para a ensinanza das linguas estranxeiras.

Como temas introductorios para a asignatura e os temas que se ian a tratar ao longo das sesións, o profesor propuxo unha serie de liñas temáticas para tratar e reflexionar sobre elas. Desta maneira dedicamoslle un tempo a compartir ideas sobre a globalización, as linguas francas e minoritarias, a comunidade europea actualmente. Tamén falamos de como se determina a prioridade das linguas estranxeiras para que as coñezan os cidadáns no mundo das ciencias, dos negocios e das tecnoloxías.
Alén destes aspectos, tamén estivemos tratando outros de gran interese sobre como debe abordarse o estudo formal das linguas nos variados sistemas educativos. Outros aspectos de relevancia son cal debe ser o nivel e qué parámetros se establecen para determinalo en cada ciclo formativo segundo a idade do alumnado. Outro punto importante a ter en conta sería qué métodos de ensino de linguas deberían ser promovidos e favorecidos. Tamén estivemos reflexionando e falando sobre qué criterios se empregan á hora de detrminar que unha lingua estranxeira é falada a nivel nativo, sabemos realmente que este nivel é moi dificil de acadar sendo ás veces imposible xa que se precisaría entre outros factores dunha inmersión lingüística mínima. É dicir, chegar ao máximo nivel determinado polo marco común europeo sería factible, estaríamos falando dun nivel C2. Sen embargo, este nivel determinado tan sequera rozaría o feito de ser nativo se non se inclue o traballo de outros aspectos dentro dun contexto de inmersión lingüística paa a súa perfección. Este punto que engadimos contaría directamente como un dos factores relacionados para potenciar a aprendizaxe dunha lingua. Penso que para nós, estudantes de linguas, resulta evidente que canto maior sexa o traballo manexando a lingua estranxeira que se pretende aprender, máis rápido e mellores serán os resultados obtidos. Por suposto, dentro deste debate tratando estes temas surxe naturalmente esa comparación inevitable entre os métodos de ensinanza formais e non formais. Unha vez máis, precisase avogar por unha combinación correcta de ambos métodos xa que se funcionan por separado non funcionarían coa mesma eficacia e os resultados serían de eficacia baixa e a longo plazo. Cando falamos de ensinanza formal referímonos ao proceso de ensino-aprendizaxe determinado polo sistema educativo en si e que é impartido de maneira artificial e mecanizada, que ainda que hoxe en día se procure acadar o máximo realismo conforme as bases de método comunicativo non chega a ter unha eficacia real. Cando nos referimos á educación informal estámonos a referir a todo tipo de situación lingüística e comunicativa que poida reforzar a expresividade do futuro falannte da lingua, é dicir, canto maior sexa a referencia e o contacto coa lingua nativa mellor será a aprendizaxe. Iso si, sempre como reforzo para impulsar a eficacia desa aprendizaxe formal que todos coñecemos.

En xeral, o marco común de referencia céntrase no incremento do multilingüismo como coñecemento e cohexistencia dunha serie de linguas nun contexto determinado así como tamén o reforzo da competencia comunicativa. Os seus obxectivos principais son propiciare facilitar a cooperación entre as institucións educativas de distintos países; proporcionar unha base sólida para o recoñecemento e certificación das linguas; axudar ao alumnado, profesorado, deseñadores de cursos, institucións examinadoras e as administracións educativas a coordinar e organizar os esforzos.

É preciso ter en conta as complicacións que xurden a partir deste propósito xa que un único plan trazado para todos os países en común non pode funcionar de maneira homoxénea. Isto é debido a que cada país vai estar definido por unhas situacións e contextos determinados, é dicir, cada un dos países terá que resolver problemas económicos, modelo educativo e diferencias a nivel social e cultural.

O marco tamén fai referencia entre os seus recursos ao emprego das novas tecnoloxías. Sen embargo, hai que ter sempre en conta o bo uso delas e o seu correcto aproveitamento e nunca como excusa ou distracción do obxectivo principal en busca do multilingüismo e multiculturalismo. Como unha mellora importante para os propósitos do marco faltaría incluir algunha referencia e plantexamento cara ás linguas estranxeiras como fin específico xa que determina outro tipo de aprendizaxe así como tamén outro modelo, por exemplo o emprego do inglés para o mundo dos negocios ou das ciencias.
Hai que ter en conta que, ao igual que cada país supón unha serie de situacións determinadas , cada individuo depende do seu nivel de motivación e das propias dificultades coas que se poida atopar ao longo do proceso ensino-aprendizaxe. Isto supón un grao de esforzo que oscilará en función tanto destes factores como tamén do tipo de tarefa que se pretenda desempeñar.


As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 2



TEMA 2
O ENSINO DE LINGUAS NO PRESENTE MODELO EDUCATIVO, NACIONAL E AUTONÓMICO

Os contidos deste tema atopeinos significantes e interesantes xa que se trata de aspectos que debemos manexar con facilidade tanto culturalmente como pola nosa relación coas linguas estranxeiras.

Entre os principais contidos demos o MCREL e as súas competencias así como os conceptos de multilingüismo, plurilingüismo e pluriculturalismo. Ademais disto estivemos falando dos niveis de lingua, onde se deben atopar as competencias comunicativas e lingüísticas que comprenden saber, saber facer, saber estar e saber ser xa que son factores relevantes nesta sociedade cada vez máis globalizada na que vivimos e debido á estreita relación e proximidade que se atopa entre cada unha das linguas estranxeiras e a súa cultura.

A maiores deste aspecto, tamén estivemos falando da problemática á hora de acadar un determinado nivel de idiomas xa que o feito de fixar un número de horas para acadalo pode resultar moi complicado xa que cada aprendiz ten unha situación única que determinará as súas dificultades e facilidades de cara á aprendizaxe dunha lingua. Por exemplo, tal como vimos en clase, o Goethe Institut determina un mínimo de 1025 horas mentres que en Cambridge English está determinado como 1020 horas. É preciso ter en conta o número de horas e a dificultade de cada lingua, e persoalmente penso que debe ser unha cantidade de horas aproximadas que logo se irán adaptando ás características e situación do futuro usuario da lingua estranxeira que se está aprendendo.

Para poder establecer un nivel correctamente precisase ter en conta unha serie de factores. Entre eles resultan significativos os aspectos da situación actual como poden ser plantexarse unha reflexión sobre os obxectivos da Comunidade Europea, os puntos que non funcionan no sistema educativo español, a relación das linguas nacionais coas estranxeiras así como as avaliacións e que linguas se deberían potenciar. Ademais destes factores mencionados até o de agora, cabe destacar as variantes sociais que nos atopamos no contexto persoal, familiar e cultural sen esquecernos nos aspectos que tamén xogan un papel importante como o son o xénero, a idade, a raza, a relixión e incluso os intereses de cada individo que serán de vital importancia á hora de ter unha motivación alta ou baixa.
Outros factores significantes son os de tipo lingüístico e educativo, tal como viñamos avanzando nas liñas anteriores o feito de que cada lingua é diferente como o tipo de lingua e a súa dificultade, o tipo de ensino que se oferta para a súa aprendizaxe (dependendo do método empregado a eficacia do ensino pode variar moitísimo). Ademais hai que ter en conta o tipo de educación xa que non se fala do mesmo se se trata dun ensino privado, obligatorio ou oficial. Precisase tamén un bo plantexamento para un bo funcionamento da avaliación, dun sistema multilingüe sen esquecernos nunca da dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, materiais e humanos.

É recomendable tamén ter en conta o contexto de aprendizaxe formal, analizar os aspectos principais que inclúe o programa, ademais das horas establecidas e os obxectivos. Resultaría significativa unha reflexión e análise coidadosa de se os exames de nivel avalían a competencia comunicativa e as destrezas que se deben potenciar. Sería preciso tamén un estudo sobre a importancia e especialización das linguas estranxeiras fronte as demais materias comúns. Como último factor pero non menos importante, a combinación da tecnoloxía coa teoría e practicidade lingüística así como o tratamento cultural e de valores que poden ir combinadas perfectamente para a comprensión dos conceptos de cada unha das linguas que se ensina.


Neste tema podemos comprobar unha vez máis que o sistema educativo Español conta con numerosos aspectos pendentes por pulir se queremos notar a mellora. De maneira máis específica, para promover unha educación plurilingüe e pluricultural precisase unha grande reforma tanto no proceso de ensino-aprendizaxe e os métodos empregados como a nivel cultural e as maneiras de considerar a cultura en si mesma. Resulta de vital importancia crear unha convivencia de todas as linguas en armonía, defender o concepto de utilidade das linguas tanto a nivel laboral como de cultura e mesmo lecer e un apoio fundamental para que o profesorado se actualice e loite pola defensa dunha formación continua.  

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 3

TEMA 3

Durante as sesións deste terceiro tema estivemos tratando da gran responsabilidade que reside no profesorado á hora de impartir os contidos da materia que lle corresponde. É de fundamental importancia que o profesorado sexa consciente que debe facerlle chegar ao alumnado unha formación coa mellor calidade posible, tendo en conta non so a materia a impartir en si mesma como tamén esa formación transversal en diversas destrezas e a educación en valores.

Desta maneira, puidemos ver que debido a unha serie de factores e a propia dinámica social e económica, a variedade nos tipos e modalidades de ensino de linguas tense incrementado nos últimos tempos de forma significante. Algúns dos factores causantes deste contexto determinado menciónanse a continuación:
  • Os procesos de aprendizaxe non formal e informal adquiren un peso moi importante, significativo e valioso nos currículos dos traballadores. En moitas ocasións o ensino formal, por exemplo para unha acreditación de nivel é longo e ríxido e a xente ‘estuda pola súa conta” adquirindo así certo nivel de autonomía.
  • Os centros superiores de ensino formal, para mostrar flexibilidade, cumprir un papel social e acadar popularidade deseñan Moocs e crean plataformas gratuítas onde se comparten materiais didácticos de todos os tipos e aínda de niveis. Os Moocs poden acreditar normalmente traballo e participación, pero non poden dar títulos de carácter oficial.
  • As iniciativas (a inventiva) na rede publica en portais, páxinas, redes sociais e blogs todo tipo de exercicios e materiais para a práctica de linguas que poden ser interesantese útiles, pero que hai que tratar con coidado nun contexto de ensino formal regulado.
  • A influencia cultural da lingua hexemónica (o Inglés) é aínda máis forte hoxe en día que no pasado.
  • O dinamismo social e actividade económica propicia cursos breves e non de longa duración. Un libro de texto e un curso regulado tradicional dunha lingua viva podefacerse distante, repetitivo, aburrido e pouco útil: unha perda de tempo. 
  • Os libros de texto de linguas seguen baseados na inmersión. Cada lingua de xeito independente.

Alén disto, puidemos ver que a educación vese englobada dentro dunha serie de contextos como se se tratase de ir abrindo unha boneca matrioska. Desta maneira, atopámonos coa clase presencial na aula, que ao mesmo tempo está dentro do contexto do centro educativo e dos contextos familiar e social. Estes ao mesmo tempo están baixo a influencia e contacto dos contextos nacional, o cal acolle tanto ás comunidades como o estado, e neste nivel tamén estaría o contexto europeo. Todas estas situacións estarían enmarcadas polo contexto global e xeral. Estes contextos influenciaríanse uns aos outros pero ao mesmo tempo tamén dependen dunha serie de factores específicos que determinarán o proceso de ensino-aprendizaxe. Algún exemplo deste tipo de factores sería o mundo virtual e os seus usos enfocados á eficacia e utilidade, o estudo persoal e o esforzo individual, así como os procesos de avaliación e autoavaliación xa que resultan dunha gran utilidade como ferramenta de axuda tanto para o profesorado como o alumnado. Se pensamos tamén no noso campo que é o das linguas, non podemos esquecer que é preciso ter tamén en conta os niveis determinados polo Marco Común de Referencia para as Linguas Estranxeiras así como a existencia de acreditacións e homologacións de títulos e niveis das linguas.

Como actividade práctica sobre este tema, algúns d@s compañeir@s levaron a cabo unha serie de presentacións nas que se analizaban determinados libros de texto tendo en conta tódolos aspectos abarcados dende o formato, como os contidos, os tipos de exercicios propostos ou a claridade dos lbros de texto á hora de resultar nunha boa comprensión para o alumnado. Desta maneira e gracias á utilidade desta actividade, puidemos ver e lembrar que non todos os libros de texto son fiables á hora de telos como referencia e que incluso se pode dar o caso de que non se atopen realmente ben adaptados ao nivel de idioma proposto polo Marco Común de Referencia. Mediante a análise dos libros de texto tamén puidemos ver se se limitaban ao emprego dun único enfoque de aprendizaxe ou se pola contra tentan combinalos así como se tratan de ofrecer unha formación transversal empregando os contidos comunicativos. Se ben é certo que, un profesor non debe depender dos libros de texto pero si contar con eles como base de apoio e, se o libro de texto é bo, pode resultar unha ferramenta clave para traballar o mellor posible os contidos e actividades.

As sesións concluíron facendo un pequeno resumo dos tres temas tratados e este último pechouse trazando unha serie de aspectos como que é de relevante importancia o nivel do idioma do profesor encargado de impartir unha lingua, sendo o ideal contar co nivel máximo, é dicir o C2. Ademais, un bo profesor debe ter sempre presentes os catro campos que se deben aportar en cada clase: saber, saber facer, saber estar e saber ser.



As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 4

TEMA 4
O DESEÑO CURRICULAR

Neste tema estivemos tratando o currículo como concepto e os aspectos que o constitúen. Dende o meu punto de vista, este tema veunos moi ben de cara o reforzo de contidos que en teoría estaban explicados xa nunha das asignaturas do módulo común.

En xeral para todos os temas a mecánica levada a cabo nestas clases pareceume de gran utilidade xa que primeiramente se nos convidaba a pensar sobre os puntos que se traballarían no tema para poder comprobar ata qué punto temos coñecementos sobre o que se vai a tratar na clase. Pediusenos enumerar as competencias do currículo e chamoume moito a atención que unha delas sexa a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

A verdade e que atopo algo lioso e complicado de saber os graos de concreción curricular xa que hai que ter en conta que para levar a cabo esta tarefa colaboran o Goberno de Estado, o Ministerio de Educación, o Goberno Autónomo e os centros docentes. Sinceramente, non sabería decir sen dubidar de que aspectos se ocupan cada un deles. Considero de gran relevancia ter visto isto en clase e telo traballado para poder comprobar realmente como os puntos do curriculo non dependen únicamente dun órgano lexislativo.

Unha vez traballados os aspectos do currículo a nivel xeral, pasamos a centrarnos na situación das linguas estranxeiras en secundaria e a súa organización de acordo cos principios da LOMCE. Puidemos ver cales eran os obxectivos na ESO e no Bacharelato así como as horas lectivas de cada unha das linguas estranxeiras e as avaliacións para ambos ciclos. Tal como adiantaba anteriormente, tratamos estes aspectos tendo traballado previamente en grupos nos que tiñamos que facer unha pesquisa para tentar atopar a resposta a cada un destes puntos principais.

Atopei moi interesante e útil ter incluido neste tema a Formación Profesional xa que ao non ter contacto directo con este tipo de ensino descoñezo prácticamente o seu funcionamento e organización, a cal tamén depende do Goberno de Estado, do Goberno Autónomo e dos centros. Desta maneira puidemos ver que a Formación Profesional Básica vai estructurada en diferentes partes e vemos que no módulo profesional se inclúe a lingua estranxeira acompañada polas linguas cooficiais e fixan como obxectivo principal desenvolver habilidades lingüísticas básicas na lingua estranxeira co fin de comunicarse nas destrezas orais e escritas en situacións e contextos da vida cotiá e profesional. Ademais, contarán coa referencia do currículo das materias da ESO cunha avaliación continua, formativa e integradora. Mentres que a Formación Profesional Media e Superior tamén se estrutura en módulos pero neste caso o módulo para a lingua estranxeira será incluido en caso de que o ciclo de formación profesional o requira e esixa xa que se trata dun plantexamento a través dun currículo adaptado ás características profesionais de cada ciclo. Alén disto, a Consellería de Educación poderá determinar que algúns dos módulos poidan impartirse nunha lingua estranxeira. Cabe mencionar tamén que nos ciclos formativos medio e superior contan cun profesorado cunha habilidade lingüística de nivel B2, aspecto que dende o meu punto de vista pon algo en dúbida a calidade do ensino da lingua estranxeira.

Logo pasamos a un contido que me creou curiosidade xa que se nos ofreceu unha visión global das linguas estranxeiras no currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial. Desta maneira, puidemos ver que a organización que atopamos segundo a LOMCE determina tres niveis fundamentais, nivel básico (A1 e A2), intermedio (B1 e B2) e avanzado (C1 e C2). Tal e como sabemos, a ensinanza de idiomas de réxime especial impártese nas escolas de idiomas co ánimo de promover as linguas dos paises da UE, linguas cooficiais do estado, español como lingua estranxeira e tamén algunha que outra lingua que xenere algún interese en especial por motivos sociais, culturais e económicos. Ofrecen modalidade presencial e a distancia así como tamén unha serie de curso para a actualización de coñecementos de idiomas dirixidos ao profesorado e outros campos profesionais. Cabe mencionar que a organización das ensinanzas de idiomas de réxime especial vai rexida polo Goberno do Estado, o Goberno Autónomo e os propios centros. Neste apartado estivemos vendo as linguas que se ofertan en España e máis en concreto, en Galicia. Ademais, tamén debatimos e reflexionamos sobre se é posible que unha persoa que acade un nivel C2 sería considerado como nivel nativo e, finalmente, chegamos á conclusión de que existe unha gran distancia entre ambos.
Non lembro se se chegou a comentar algo durante algunhas das clases que tivemos, pero se tivese que dicir algunha pega diría que me tería gustado ter visto algo sobre a asignación e organización de lectores para cada tipo de ensino. Descoñezo se existe algún tipo de ley que determine algún aspecto sobre este tema ou qué fatores se teñen en conta para que algúns centros conten con lectores e outros non. Ou incluso se se lle da prioridade a determinados niveis ou plantexamentos dese estilo. Penso que estaría ben tratalo por simple curiosidade e ampliar os coñecementos no noso campo.


Tal e como veño decindo ao longo destas liñas, consideroo un tema importante xa que semella fundamental ter algo de coñecemento sobre os organismos que determinan os puntos principais e en cales deles se centran e de qué maneira. Por moi complicado que soe ao principio trátase duns coñecementos prácticos de adquirir se se traballan con algo de paciencia.