TEMA 2
O ENSINO DE LINGUAS NO
PRESENTE MODELO EDUCATIVO, NACIONAL E AUTONÓMICO
Os
contidos deste tema atopeinos significantes e interesantes xa que se
trata de aspectos que debemos manexar con facilidade tanto
culturalmente como pola nosa relación coas linguas estranxeiras.
Entre
os principais contidos demos o MCREL e as súas competencias así
como os conceptos de multilingüismo, plurilingüismo e
pluriculturalismo. Ademais disto estivemos falando dos niveis de
lingua, onde se deben atopar as competencias comunicativas e
lingüísticas que comprenden saber, saber facer, saber estar e saber
ser xa que son factores relevantes nesta sociedade cada vez máis
globalizada na que vivimos e debido á estreita relación e
proximidade que se atopa entre cada unha das linguas estranxeiras e a
súa cultura.
A
maiores deste aspecto, tamén estivemos falando da problemática á
hora de acadar un determinado nivel de idiomas xa que o feito de
fixar un número de horas para acadalo pode resultar moi complicado
xa que cada aprendiz ten unha situación única que determinará as
súas dificultades e facilidades de cara á aprendizaxe dunha lingua.
Por exemplo, tal como vimos en clase, o Goethe Institut determina un
mínimo de 1025 horas mentres que en Cambridge English está
determinado como 1020 horas. É preciso ter en conta o número de
horas e a dificultade de cada lingua, e persoalmente penso que debe
ser unha cantidade de horas aproximadas que logo se irán adaptando
ás características e situación do futuro usuario da lingua
estranxeira que se está aprendendo.
Para
poder establecer un nivel correctamente precisase ter en conta unha
serie de factores. Entre eles resultan significativos os aspectos da
situación actual como poden ser plantexarse unha reflexión sobre os
obxectivos da Comunidade Europea, os puntos que non funcionan no
sistema educativo español, a relación das linguas nacionais coas
estranxeiras así como as avaliacións e que linguas se deberían
potenciar. Ademais destes factores mencionados até o de agora, cabe
destacar as variantes sociais que nos atopamos no contexto persoal,
familiar e cultural sen esquecernos nos aspectos que tamén xogan un
papel importante como o son o xénero, a idade, a raza, a relixión e
incluso os intereses de cada individo que serán de vital importancia
á hora de ter unha motivación alta ou baixa.
Outros
factores significantes son os de tipo lingüístico e educativo, tal
como viñamos avanzando nas liñas anteriores o feito de que cada
lingua é diferente como o tipo de lingua e a súa dificultade, o
tipo de ensino que se oferta para a súa aprendizaxe (dependendo do
método empregado a eficacia do ensino pode variar moitísimo).
Ademais hai que ter en conta o tipo de educación xa que non se fala
do mesmo se se trata dun ensino privado, obligatorio ou oficial.
Precisase tamén un bo plantexamento para un bo funcionamento da
avaliación, dun sistema multilingüe sen esquecernos nunca da
dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, materiais e humanos.
É
recomendable tamén ter en conta o contexto de aprendizaxe formal,
analizar os aspectos principais que inclúe o programa, ademais das
horas establecidas e os obxectivos. Resultaría significativa unha
reflexión e análise coidadosa de se os exames de nivel avalían a
competencia comunicativa e as destrezas que se deben potenciar. Sería
preciso tamén un estudo sobre a importancia e especialización das
linguas estranxeiras fronte as demais materias comúns. Como último
factor pero non menos importante, a combinación da tecnoloxía coa
teoría e practicidade lingüística así como o tratamento cultural
e de valores que poden ir combinadas perfectamente para a comprensión
dos conceptos de cada unha das linguas que se ensina.
Neste
tema podemos comprobar unha vez máis que o sistema educativo Español
conta con numerosos aspectos pendentes por pulir se queremos notar a
mellora. De maneira máis específica, para promover unha educación
plurilingüe e pluricultural precisase unha grande reforma tanto no
proceso de ensino-aprendizaxe e os métodos empregados como a nivel
cultural e as maneiras de considerar a cultura en si mesma. Resulta
de vital importancia crear unha convivencia de todas as linguas en
armonía, defender o concepto de utilidade das linguas tanto a nivel
laboral como de cultura e mesmo lecer e un apoio fundamental para que
o profesorado se actualice e loite pola defensa dunha formación
continua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario