TEMA 7
O ENSINO-APRENDIZAXE DE
LINGUAS ESTRANXEIRAS EN PAÍSES DA NOSA CONTORNA/ A SITUACIÓN DE
ESPAÑA NOS PAÍSES DA NOSA CONTORNA
Teño
que agradecer que se incluise este tema dentro desta asignatura, xa
que me parece fundamental coñecer os aspectos traballados de cara a
nosa formación e futuro profesional. Ensináronsenos moitos puntos
importantes, entre eles o informe PISA e os sistemas educativos dos
países que encabezan as listas ao longo dos anos, ate a profesora
encargada fixo mención da importancia de ter o coñecemento destas
situacións xa que, dalgunha maneira, somos o posible futuro da
docencia e precisamos absorver o maior coñecemento que piodamos se
queremos obter un cambio na docencia e no proceso de
ensino-aprendizaxe.
Tal
como veño decindo, vimos o que era Eurydice, Eurostat, o Estudo
Europeo de Competencia Lingüística, Eurobarómetro e o informe
PISA. Dende o meu punto de vista, apenas tiña coñecemento sobre
cada un deles. Soábanme familiares e sobre o que máis sabía era
sobre o informe PISA pero así a todo non tiña un coñecemento moi
profundizado. Unha vez vistos unha serie de gráficos e comparada a
posición que ocupa o noso país, centrámonos nos resultados
arroxados por PISA , tal como sabemos resultados obtidos a partires
dunhas probas realizadas sobre comprensión lectora, matemáticas e
ciencias.
Aprendemos
que no propio pais atopamos unha brecha importante entre o Norte e o
Sur, con mellores e peores resultados respectivamente. Explicousenos
que entre as comunidades autónomas a destacar atópase Castela e
León debido a que non teñen economía potencial de maneira que so
lles queda centrarse nos estudos para asegurar un futuro laboral de
boas condicións.
Logo
de comprobar a situación en España, pasamos a comprobar cales son
os países que van en cabeza seguindo os resultados de PISA en 2009,
2012 e 2015. Durante estes anos sempre destacan Corea do Sur, Xapón,
Finlandia, Canadá e Nova Zelanda.
Os
casos de Corea do Sur e Xapón vexoos cun nivel de esixencia incluso
sobrehumano, son moitas horas de clase ás que o alumnado ten que
atender sen darlles tempo tan sequera a unhas horas mínimas de
descanso xa que apenas teñen tempo nin para comer.
O
sistema educativo en Canadá encantoume e oxalá chegase existir algo
parecido en España nalgún momento. O feito de que non exista un
sistema educativo nacional permítelles unha mellor adaptación
seguindo as necesidades requeridas de cada área nas que se poidan
centrar e así cada ministerio de educación pode focalizar a
enerxía, atención e ideas na súa área correspondente. Tamén me
parece significante que se centren na educación emocional xa que se
trata dun factor que xoga un papel importante para cada un do
alumnado.
Con
este tema puidemos comprobar que teñen uns sistemas totalmente
diferentes ao que coñecemos no noso pais e que temos moitos aspectos
sobre os que traballar e mellorar. Sen embargo, penso que nos casos
como Xapón ou Corea do Sur non viría de máis reducir o nivel de
esixencia e sobre todo ese compoñenente culural e educacional de
deshonra en caso de ter un pequeno fracaso nos estudos. Non me parece
o máis natural ese nivel de presión continua que o alumnado sufre e
non chega a comprobar que a vida debería dar tempo ao estudo e
formación pero tamén ao tempo de lecer coa familia e os amigos.
Ademais,
nos contidos deste tema tamén estivemos vendo a aprendizaxe basada
en conceptos. Resulta unha mecánica algo complicada de entender ao
principio, pero unha vez vistos algúns exemplos puidemos comprendela
mellor e comprobar que ofrece un punto de vista interesante xa que
podería ser unha ferramenta moi eficaz se se extendese o seu uso.
Certamente, esta aprendizaxe fai fincapé en que o alumnado acade
unha boa comprensión do concepto xa que unha vez se entenda ben isto
se poden aplicar as normas sen problema. Agardo que se extenda e se
empece a aplicar de maneira xeral xa que a dificultade das linguas
atópase no concepto en sí e trátase da ferramenta clave para
entender o funcionamento da lingua que se quere aprender.
En
xeral, está claro que tamén estamos a falar de países ricos que
poden centrar a súa atención nun sistema educativo de calidade e
eficaz para todos por igual xa que destacan entre outras cousas por
unha educación fundamentalmente gratuíta con case o 100% de centros
públicos. Ademais, culturalmente apreciase moita vantaxe se os
comparamos con España. O valor que lle dan á ensinanza como
profesión mostra claramente que aí se atopa a base do presente e
futuro de cada país e como tal o proceso de ensino-aprendizaxe debe
ser o mellor posible. Mentres tanto aquí en España dedicarse ao
ensino tan sequera se achega ao valor que se lle da á formación en
medicina. Alén disto, dende o meu punto de vista España precisa un
gran cambio culturalmente xa que nestes países que encabezan as
listas mostran un gran respeto cara o bilingüísmo e a promoción
dunha formación continua, asi como o feito de que por exemplo en
Finlandia non se ve a televisión con doblaxe senón que se centran
en ver a versión orixinal e que se mostre interés por aprender a
lingua e entender as películas e series. Por outra banda, apreciamos
dous extremos enfrontados nos casos de Xapón/Corea do Sur e España:
nos países asiáticos o feito de suspender e fracasar resulta unha
vergoña e deshonra para as familias e os demais compañeiros de
clase, mentres tanto en España, suspender non significa nada malo
incluso se pode dar o caso de que o alumnado se permita “presumir”
entre os compañeiros de con cantas materias fracasan e incluso,
cantas máis mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario