domingo, 22 de enero de 2017

TIPOS DE DIDÁCTICA E TRATAMENTO DO ERRO

Bom día a todos!

O 11/01 tivemos clase con Carlos Valcárcel e puidemos ver que se debe fomentar a amplitude do repertorio lingüístico na comunidade para evitar a exclusión.

Nesta sesión estivemos vendo os tipos de didáctica que podemos atopar:
  • Didáctica da lingua inicial. Os materias que se empregan non sempre son os adecuados para o nivel do alumnado, especialmente para o nivel das crianzas.
  • Didáctica para a lingua segunda (ambiental). Aplícase en Canadá por exemplo e tamén nos plans de formación para a poboación inmigrante. Caso de Canadá cos Refuxiados
  • Didáctica da lingua estranxeira. Trátase da que estamos aprendendo nós durante estas semanas. O inglés cada vez mais deixa de ser unha lingua estranxeira e pasa a ser unha segunda lingua ambiental. Resultaría redundante a ensinanza dunha lingua estranxeira cando xa a están adquirindo a través do seu entorno, por exemplo a través do tempo de lecer empregando os videoxogos.
Ademais, tamén puidemos ver que existen tipos de didáctica híbridos que se adaptan a situacións determinadas:
  •  Didáctica CLIL (Content and Language Integrated Learning)
  •  Aprendizaxe precoz das linguas estranxeiras. Para aprendices de educación infantil e primaria. As linguas comezáronse a ensinar con carácter obligatorio no ensino secundario (a partires dos 11 anos) na educación pública no ano 1854.
  • Linguas estranxeiras para fins específicos. É unha metodoloxia especifica na que se traballa a didáctica da terminoloxia. Resultou interesante ter falado en clase que deberían ter incluído no mestrado algunha asignatura referente a isto xa que se nos imos dedicar á ensinanza das linguas estranxeiras será máis que probable que teñamos que traballar neste eido terminolóxico. Persoalmente, considero que no caso de telo incluido precisaría dun bo plantexamento. No meu caso tiven en cuarto de filoloxía Fins Específicos enfocado no Business e a verdade e que aprendemos máis ben pouco, xa que se trataba dunha asignatura máis de lingua inglesa na que se facían exercicios de gramática e actividades dun nivel bastante baixo en comparación co que levabamos traballado noutras materias.
  • Linguas estranxeiras para seniors. A partires de 55 anos. Cada vez máis nestas idades queren aprender unha lingua estranxeira, xa que o recomendan moito para a saúde neuronal e memoria. Cada vez lánzanse máis programas deste tipo. Tamén se están lanzando actividades de turismo lingüístico, por exemplo cociña con chocolate e francés ou golf e inglés. Pareceume moi interesante este tipo de didáctica xa que penso que ten aportarlle moito ao docente o feito de traballar con actividades que claramente misturan o lecer coa aprendizaxe da lingua. Considero que debe tratarse dunha experiencia que vale a pena probar.
Tamén me pareceu do máis interesante un aspecto que falamos en clase e considero que son posibilidades que se non te informan de que existen pois igual non se chegan a descubrir nunca. Contóusenos que se poden facer programas de actividades para diferentes públicos e vendelos en asociacións para polos en funcionamento, paréceme unha opción a ter en conta xa que nalgún momento dado pode servir para traballar diferentes aspectos da lingua e tamén as necesidades dependendo dos discentes. Ademais, tamén se nos dixo que era recomendable traballar nalgún momento en ciclos xa que o alumnado tende a estar moi consciente da necesidade das linguas. Penso que este tipo de detalles e información que se nos da nas clases resulta do mellor que se nos pode aportar xa que como veño decindo, é coñecemento práctico que so se adquire coa experiencia e con tempo e non se atopa nun manual de teoría, senón máis ben no manual da vida e do curso do tempo.

Para por un pouquiño en práctica este coñecemento fixemos unha actividade na que había que establecer qué tipo de didáctica se empregaría en diferentes situacións e estivemos debatindo ata concluir que a realidade trata de adaptarse á unha metodoloxía pero tamén aos enfoques didácticos que se precise dependendo da natureza da clase de inglés en cuestión.

Alén disto, durante esta sesión traballamos algo que nos preocupa a todos en xeral, é o tratamento do erro. Desta maneira aprendemos que hai dous tipos de orixe para os erros: ou ben por contacto e transferencia negativa da lingua inicial ou por analoxía. Se é por analoxía significa que hai moita adquisición e a estructura da lingua, haberia que dar gramática implícita. Se é transferencia negativa require dunha maior contextualización para que se convirta nunha transferencia positiva. Logo faltaría determinar os tipos de erros para poder traballar con actividades máis específicas xa que poden ser sintácticos, de gramática, ortografía, etc. Resulta moi importante facer unha avaliación diagnóstica para saber a lingua inicial e tamén é fundamental ter clara a progresión das fases de adquisición, o tipo de lingua inicial e o da lingua meta.

Durante a aprendizaxe traballamos de maneira cíclica basada en INPUT – ENSAIO – ERRO. Por iso é fundamental a análise do erro para saber localizar en que fase do camiño nos atopamos. A partir do erro surxe a aprendizaxe tamén. Non hai output sen input. Se non hai output non hai progreso. É preciso ter un bo input e logo práctica e erro para chegar a un bo output. É fundamental integrar para fomentar o output. Se non se anima e se recoñece que se está logrando output xenérase bloqueo e frease a motivación para seguir producindo. Cando o falante está cometendo erros está facendo hipóteses e construindo o seu inglés, como se estivese construindo un castelo. Se unha peza está mal colocada non botas abaixo todo o castelo senon que reparas esa peza mal colocada para seguir progresando na construcción. Dáselle imput para que compare e reformule. Cada nivel da lingua estranxeira posue unha serie de erros determinados. É fundamental informar ao aprendente dos erros que comete para que os visualice. Non podo deixar de incluir esta metáfora do castelo que se dixo na clase porque sei que a partir desa imaxe interiorizo estas ideas dunha maneira moi eficaz.

Fixemos unha actividade por parellas na que se trataba de escribir cada un de nós unha oración mal formulada e comprobar como nos correxiría @ nos@ compañeir@. Foi moi útil e tamén visual, unha maneira de convidarnos a reflexionar sobre a nosa propia experiencia e de lembrar como as cousas tachadas en vermello resultaban un tanto violentass e desmotivadoras.


Así, aprendemos que o vermello pode resultar un método agresivo. Falamos dunha opción que me pareceu realmente boa e que podería funcionar dunha maneira moi positiva, trátase de empregar diferentes cores en función do tipo de erro cometido. Sería práctico para o alumnado para ver claramente en qué aspectos precisaría un maior esforzo e se facemos que reformulen a aprendizaxe resultaría máis eficaz.
En conclusión é importante ter en conta que ... 

CORREXIR É TRATAR O ERRO E DAR FEEDBACK !

No hay comentarios:

Publicar un comentario