viernes, 27 de enero de 2017

Un artigo interesante !



Atopei este artigo publicado en “El País” o pasado 23 deste mes e considero interesante compartir con vós as ideas que se tratan, xa que están directamente relacionadas coa nosa formación e coas charlas que se levan a cabo nas sesións de clase. 

Titúlase El profesor del siglo XXI tiene que enseñar lo que no sabe e céntrase nunha entrevista realizada a Peter Senge, profesor da escola de negocios de Massachusetts. Critica principalmente esa mecánica que segue mantendo o proceso de ensino-aprendizaxe ao longo dos anos onde o alumnado permanece sentado de maneira totalmente pasiva escoitando o que o/a docente conta. Aboga por derrocar este tipo de funcionamento e por loitar por unha educación na que os discentes participen na súa propia aprendizaxe. Básicamente defende un aspecto fundamental que xa comentamos en clase e incluín nalgunha das miñas entradas anteriores: o proceso de ensino-aprendizaxe debe ser algo bidireccional. 

Entre outras ideas que se tratan neste artigo, podemos ver que se fai referencia ao modelo de educación de Singapur xa que foi modificado de maneira que o/a docente deixa de estar centralizado e o alumnado recibe propostas de retos que se poden atopar na vida real e teñen que resolvelos da mellor maneira posible. Por outra banda, en relación ás TIC, tamén se afirma que a innovación debe residir nas técnicas de aprendizaxe xa que uso de tecnoloxías revolucionarias non resultan a peza clave para a formación educativa a pesares de que sexan de axuda e dinamización das aulas. 

Nas liñas do artigo pódense ver referencias a máis aspectos de interese considerable. Por iso, recomendo a súa lectura xa que en cuestión de cinco minutiños aportan unha liña xeral do que levamos falado durante estes últimos meses e semanas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario