Bom día !
Esta segunda sesión volveu ser de gran utilidade para ver maneiras de enfocar o ensino de maneira dinámica ao mesmo tempo que eficaz. Reforzóusenos a idea de que temos que tentar levar a cabo unha aprendizaxe significativa e comunicativa o máximo posible. A raiz disto, falamos de que non todos os cursos son iguais e por tanto, hai casos nos que vai haber que adaptarse a outras necesidades. Por exemplo, o curso de 2º de Bacharelato sempre se trata de algo diferente e require un tratamento especial debido á selectividade. Este feito implica por exemplo a ensinanza de técnicas e estratexias para que o alumnado acade nos exames de selectividade a maior nota posible. No caso da asignatura de inglés puidemos ver a importancia de darlles reading strategies para evitar o bloqueo á hora de enfrontarse á proba. Un detalle que se nos comentou sobre isto e considero interesante é o feito de proporlles que traballen cun texto a principio de curso e volver a traballalo ao final do curso para que vexan a mellora que obtiveron. Dende o meu punto de vista esta práctica semella que pode dar resultados positivos e motivadores para o alumnado e, dalgunha maneira, tamén para o/a docente.
Pois ben, tal como fun adiantando nas liñas anteriores, esta sesión foi entorno á comprensión escrita e lectora. Considero que traballando con textos se logra unha aprendizaxe da lingua pero tamén permite un amplo abano de posibilidades para adaptalo ao tema que se estea tratando nesa unidade xa que os textos poden contar todo tipo de información que nos interese ou mesmo unha simple historia. Debido a isto pódense facer actividades variadas, por exemplo un texto que fala dun tema en concreto tipo contaminación ou cambio climático pódese traballar facendo que busquen nas liñas información concreta que probablemente descoñecían ou, se pola contra, se trata dunha historia poderían facer a actividade de ordenar os parágrafos ata lograr que a historia cobre sentido.
Ademais, tal como levamos falado ao longo destas semanas, está claro que non vai ser unha sesión enteira traballando a comprensión lectora de maneira illada. No caso da comprensión lectora sí que lembro que se acostumase a facer ese paso de pre-lectura pero quizáis sexa porque o funcionamento mecánico de traballar os temas fose sempre presentación de vocabulario e gramática e logo viña a lectura dun texto onde poderíamos atoparnos con eses coñecementos. É dicir, na miña experiencia penso que se facía pero quizais de maneira indirecta e non on purpose. Ademais que me refiro a que isto non pasaba sempre, senón que outras veces se traballaba o vocabulario e o tema en sí unha vez lido o texto.
En relación ás tecnicas de evitar o bloqueo parecéronme perfectas as actividades que estivemos vendo. Lembro que na secundaria á hora de ler un texto ou un libro a nós deciannos que tiñamos que buscar o significado xeral e non preocuparnos por non entender palabras a non ser que realmente bloqueasen a comprensión. Pero o que sí me tería gustado é que fixesen actividades como as que nos ensinaron en clase. O texto do etsduio de una uivenrsdiad ignlsea xa o coñecía pero non deixa de ser interesante para mostrarllo ao alumnado. Encantoume e chamoume moitísimo a atención esa actividade de The Spellcheck, tanto que non me resistín en ver cal sería a reacción do meu irmán e abofé que se sorprendeu tanto ou máis ca min. Por se fose pouco, fun do máis inocente cando lin un par de parágrafos con palabras que proviñan do Cockney, pareceume un truco moi bo. Outra idea que me pareceu do máis inxeniosa foi ese invento de pizarra blanca a partires dunha cartulina blanca plastificada, iso sen dúbida non me vou resistir a probala en canto teña oportunidade e ideas para sacarlle o máximo partido.
En definitiva, penso que empregando este tipo de actividades resulta imposible que o alumnado non teña curiosidade constante por saber que é o que vai pasar nos próximos cinco minutos. É evidente que non se trata de facer este tipo de actividades constantemente, que tamén hai contido que se fai máis aburrido. Penso que no equilibrio está a clave tanto para o alumnado como para a/o docente. Ademais, considero que se o alumno mantén a curiosidade xa está logrado ese propósito de que se impliquen en cada sesión e asistan de maneira activa e con motivación.

Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarA verdade é que eu vin moita xente bloquearse cun texto, sobretodo en 2º de Bach. cando se traballan con modelos de exames. Penso que sería algo que recalcaría dende o primeiro día para evitarlles situacións estresantes aos alumnos e estás actividades son xeniais, xa que até que non o probas de veras, non o acabas de crer por máis que insista o pofesor.
ResponderEliminarEs una actividad muy buena para hacer que el alumno trabaje competencias sin estar agobiado.Mis felicitaciones
ResponderEliminar