TEMA 4
O DESEÑO CURRICULAR
Neste tema estivemos
tratando o currículo como concepto e os aspectos que o constitúen.
Dende o meu punto de vista, este tema veunos moi ben de cara o
reforzo de contidos que en teoría estaban explicados xa nunha das
asignaturas do módulo común.
En xeral para todos os
temas a mecánica levada a cabo nestas clases pareceume de gran
utilidade xa que primeiramente se nos convidaba a pensar sobre os
puntos que se traballarían no tema para poder comprobar ata qué
punto temos coñecementos sobre o que se vai a tratar na clase.
Pediusenos enumerar as competencias do currículo e chamoume moito a
atención que unha delas sexa a competencia matemática e as
competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
A verdade e que atopo
algo lioso e complicado de saber os graos de concreción curricular
xa que hai que ter en conta que para levar a cabo esta tarefa
colaboran o Goberno de Estado, o Ministerio de Educación, o Goberno
Autónomo e os centros docentes. Sinceramente, non sabería decir sen
dubidar de que aspectos se ocupan cada un deles. Considero de gran
relevancia ter visto isto en clase e telo traballado para poder
comprobar realmente como os puntos do curriculo non dependen
únicamente dun órgano lexislativo.
Unha vez traballados os
aspectos do currículo a nivel xeral, pasamos a centrarnos na
situación das linguas estranxeiras en secundaria e a súa
organización de acordo cos principios da LOMCE. Puidemos ver cales
eran os obxectivos na ESO e no Bacharelato así como as horas
lectivas de cada unha das linguas estranxeiras e as avaliacións para
ambos ciclos. Tal como adiantaba anteriormente, tratamos estes
aspectos tendo traballado previamente en grupos nos que tiñamos que
facer unha pesquisa para tentar atopar a resposta a cada un destes
puntos principais.
Atopei moi interesante e
útil ter incluido neste tema a Formación Profesional xa que ao non
ter contacto directo con este tipo de ensino descoñezo prácticamente
o seu funcionamento e organización, a cal tamén depende do Goberno
de Estado, do Goberno Autónomo e dos centros. Desta maneira puidemos
ver que a Formación Profesional Básica vai estructurada en
diferentes partes e vemos que no módulo profesional se inclúe a
lingua estranxeira acompañada polas linguas cooficiais e fixan como
obxectivo principal desenvolver habilidades lingüísticas básicas
na lingua estranxeira co fin de comunicarse nas destrezas orais e
escritas en situacións e contextos da vida cotiá e profesional.
Ademais, contarán coa referencia do currículo das materias da ESO
cunha avaliación continua, formativa e integradora. Mentres que a
Formación Profesional Media e Superior tamén se estrutura en
módulos pero neste caso o módulo para a lingua estranxeira será
incluido en caso de que o ciclo de formación profesional o requira e
esixa xa que se trata dun plantexamento a través dun currículo
adaptado ás características profesionais de cada ciclo. Alén
disto, a Consellería de Educación poderá determinar que algúns
dos módulos poidan impartirse nunha lingua estranxeira. Cabe
mencionar tamén que nos ciclos formativos medio e superior contan
cun profesorado cunha habilidade lingüística de nivel B2, aspecto
que dende o meu punto de vista pon algo en dúbida a calidade do
ensino da lingua estranxeira.
Logo pasamos a un
contido que me creou curiosidade xa que se nos ofreceu unha visión
global das linguas estranxeiras no currículo das ensinanzas de
idiomas de réxime especial. Desta maneira, puidemos ver que a
organización que atopamos segundo a LOMCE determina tres niveis
fundamentais, nivel básico (A1 e A2), intermedio (B1 e B2) e
avanzado (C1 e C2). Tal e como sabemos, a ensinanza de idiomas de
réxime especial impártese nas escolas de idiomas co ánimo de
promover as linguas dos paises da UE, linguas cooficiais do estado,
español como lingua estranxeira e tamén algunha que outra lingua
que xenere algún interese en especial por motivos sociais, culturais
e económicos. Ofrecen modalidade presencial e a distancia así como
tamén unha serie de curso para a actualización de coñecementos de
idiomas dirixidos ao profesorado e outros campos profesionais. Cabe
mencionar que a organización das ensinanzas de idiomas de réxime
especial vai rexida polo Goberno do Estado, o Goberno Autónomo e os
propios centros. Neste apartado estivemos vendo as linguas que se
ofertan en España e máis en concreto, en Galicia. Ademais, tamén
debatimos e reflexionamos sobre se é posible que unha persoa que
acade un nivel C2 sería considerado como nivel nativo e, finalmente,
chegamos á conclusión de que existe unha gran distancia entre
ambos.
Non lembro se se chegou
a comentar algo durante algunhas das clases que tivemos, pero se
tivese que dicir algunha pega diría que me tería gustado ter visto
algo sobre a asignación e organización de lectores para cada tipo
de ensino. Descoñezo se existe algún tipo de ley que determine
algún aspecto sobre este tema ou qué fatores se teñen en conta
para que algúns centros conten con lectores e outros non. Ou incluso
se se lle da prioridade a determinados niveis ou plantexamentos dese
estilo. Penso que estaría ben tratalo por simple curiosidade e
ampliar os coñecementos no noso campo.
Tal e como veño decindo
ao longo destas liñas, consideroo un tema importante xa que semella
fundamental ter algo de coñecemento sobre os organismos que
determinan os puntos principais e en cales deles se centran e de qué
maneira. Por moi complicado que soe ao principio trátase duns
coñecementos prácticos de adquirir se se traballan con algo de
paciencia.