Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de enero de 2017

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 5

TEMA 5
AS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS VIXENTES


Durante este tema estivemos vendo como as programacións didácticas se teñen que axustar e adaptar seguindo a norma establecida, en concreto as progamacións didácticas actuais funcionan baixo o establecemento da ley vixente denominada LOMCE (ley que ven de actualizarse recentemente).

Tal e como determina o mestrado centrámonos nos cursos da educación secundaria afectándolle aos catro cursos de educación secundaria obligatoria e á formación postobligatoria dos dous anos de Bacharelato. Desta maneira estivemos tratando na aula diversos contidos referentes ao tema como poden ser o feito de que serán os departamentos didácticos de cada centro docente os encargados de desenvolver o currículo establecido mediante o establecemento das programacións didácticas. Unha vez se fixe unha programación didáctica para cada materia, esta funcionará como ferramenta de planificación curricular específica e necesaria para desenvolver a aprendizaxe e ensino do alumnado de maneira coordinada entre aqueles que formen parte do departamento.

Tamén tivemos que tratar o tema da estructura das programacións didácticas xa que consta de diversos puntos a ter en conta, os cales pasamos a enumerar a continuación: o primeiro que debe constar sería unha introdución e contextualización onde se comenta detalladamente a situación do centro, logo tería que atoparse unha contribución ao desenvolvemento das competencias clave que iría directamente relacionado co seguinte punto onde se concretarían os obxectivos do curso. Unha vez estes aspectos queden ben reflexados na programación, o seguinte punto a concretar sería a concreción da temporalización, do grao mínimo de consecución para superar a materia e os procedementos e instrumentos para superar a avaliación. 

Os contidos centrais da programación serían as concrecións metodóloxicas que require a materia, as materias e recursos didácticos que se van empregar, os criterios sobre avaliación cualificación e promoción do alumnado, os indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino así como a organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes. Alén disto, tamén se debe incluir na programación a organización dos procedementos, o deseño de avaliación inicial e o conxunto de medidas que se levarán a cabo dependendo dos resultados obtidos, as medidas e procedementos para a atención á diversidade, os contidos transversais que se traballarán no curso correspondente e as actividades complementarias e extraescolares organizadas por cada departamento didáctico. Para finalizar correctamente a programación didáctica non poden quedar sen incluir unha serie de puntos fundamentais como o son os mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en función dos resultados arroxados polo curso correspondente.

Despois de ver esta parte de contido neste tema pasamos a centrarnos nas programacións vixentes que se atopan dentro da Formación Profesional. Para o establecemento das programacións na FP precísanse os resultados de aprendizaxe, os obxectivos específicos, os contidos, os criterios de avaliación, as actividades para o proceso de ensino-aprendizaxe máis as de avaliación sen esquecer os materias, recursos e instrumentos de avaliación.

As programacións para a Formación Profesional deben constar dunha concreción do currículo en relación á súa adecuación ás características do ámbito productivo, a relación de unidades didácticas que a integran que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, os mínimos exixíbeis para acadar a avaliación positiva e criterios de cualificación, o procedemento para a recuperación das partes non superadas así como o procedemento sobre o seguimento da programación e avaliación da propia práctica docente. Tamén se falou neste tema que o equipo docente adaptará e xustificará as programacións ás necesidades educativas do alumnado, ademais o equipo docente tamén será o encargado de realizar un seguimento das programacións de cada módulo. Por outra banda, a consellería con competente en materia de educación promoverá o uso das tecnoloxías da información e comunicación para a creación e seguimento das programacións.


Despois de ter visto isto, centrámonos na estrutura das programacións LOE das ensinanzas das EOI. Desta maneira, a estrutura consta dos, puntos que seguen a continuación: os obxectivos de cada un dos cursos que imparte o departamento; os contidos, a súa secuencia e temporalización nos distintos cursos; os criterios de avaliación de cada curso, especificando os mínimos exixibles para superar os cursos dentro de cada nivel; os procedementos e instrumentos de avaliación da aprendizaxe do alumnado; os criterios de cualificación que se vaian aplicar; o enfoque metodolóxico; os recursos didácticos, incluídos as tecnoloxías da información e da comunicación, os materiais curriculares e os libros de texto para uso do alumnado; os procedementos de acceso ao currículo, se é o caso, para o alumnado con necesidades específicas; as actividades culturais e de promoción do idioma programadas polo departamento; os procedementos para que o departamento coordine, valore e revise o desenvolvemento e o resultado da súa programación didáctica e, finalmente, os procedementos para realizar a avaliación interna do departamento.