Un dos temas sobre o que tamén aprendemos nunha das sesións con Carlos Valcárcel é o enfoque por tarefas. Existe como metodoloxia dende os 80 principios dos 90. Trátase dunha aprendizaxe baseada na resolución de problemas da vida cotiá que o alumnado ten que resolver. Tamén é denominado aprendizaxe por proxectos, xa que o obxectivo final é resolver unha proposta que require de pequenas tarefas previas. Podémolo atopar no MCERL. Ademais, este enfoque está influenciado directamente non só polo constructivismo, xa que se leva a cabo un proceso de construcción, senón tamén polo conectivismo debido á aprendizaxe colaborativa que representa unha das vantaxes que ofrece.
"TEAMWORK DIVIDES THE TASK
AND
MULTIPLIES THE SUCCESS."
UNKNOWN
Unha das principais estratexias desta metodoloxía é a andamiaxe (scaffolding) xa que ofrece unha variedade de técnicas dependendo da competencia que queremos traballar. Por exemplo, repetir varias veces un listening para que se entenda. Facer unha lista do que che gusta e o que non, achéganselles aos alumnos writing friends (estructuras que poidan usar para expresar esas ideas en canto ao tema proposto). Unha tarefa constrúese sobre as anteriores, as tarefas que se van seguir teñen que ser consecuentes coas que se están traballando con anterioridade.
Tal e como comentei nas liñas anteriores, o alumnado ten que levar a cabo tarefas reais, por exemplo unha lista da compra ou facer o cartón de convite para a túa festa de aniversario. Outro exemplo sería aprender a redactar un mail para comunicar que un producto que se mercou está defectuoso.Trátase de tarefas pedagóxicas. Resulta importante sempre exemplificar ou mostrar as estruturas coas que se traballa e achegar tutoriais das ferramentas que se van empregar para a tarefa. Tamén se pode por un exemplo dun proxecto rematado para que o alumnado o visualice e se faga unha idea.
Este enfoque parte do punto de vista dunhas tarefas facilitadoras que nos permitirán facer a tarefa final. Teñen que aparecer de maneira recorrente para que sirvan de utilidade. É preciso presentar unha lista dos elementos lingüísticos que se queren traballar ao programar unha tarefa determinada.
Para este enfoque é preciso ter en conta a noción de función comunicativa. A tarefa comunicativa debe servir para producir algo en lingua estranxeira, algo máis alá da tipica redacción, unha actividade que reflexe a producción de algo real. O aprendente debe reflexionar sobre o producto final. Por exemplo, presentarse ou buscar información (macrofunción) ou buscar un apartamento (microfunción). Outro exemplo sería marcar unha data para quedar con alguén. Trátase de tarefas que implican o emprego de estruturas e vocabulario requerido para funcións comunicativas especificas relacionadas coa vida real. Pola contra, unir items en columnas non é unha tarefa comunicativa xa que non se trata dunha aprendizaxe activa. Tamén ten relevancia o coñecemento significativo xa que vai asociado a unha serie de experiencias.
Unha tarefa ten a finalidade de que o aprendente se convirta en ususario e falante da L2. Debe ter unha perspectiva xa que se trata dun plan de traballo cunha secuencia encamiñada a un fin: focus on form e focus on meaning sen deixar de empregar os exercicios estruturais (drills), que van estar integrados na secuencia de significado. A tarefa debe mobilizar competencias lingüísticas e procesos cognitivos. Ten que haber un resultado final en lingua estranxeira a ser posible oral e escrita (minimo oral sempre), audio, video, foto, etc.
Despois de dispor deste coñecemento sobre o enfoque por tarefas, traballamos en grupo para propor unha tarefa posible. No meu grupo, decidimos que sería unha boa idea ter como obxectivo organizar unha festa de aniversario. Sen embargo, unha vez comentado en clase puidemos ver que se trataría xa dun proxecto grande que requiriría de longo prazo para a súa preparación. Unha tarefa sería elaborar o cartón de convite para a festa, sen embargo, nós pensamos nunha serie de tarefas que require a planificación do proxecto, algúns exemplos poderían ser aprender a presentarse ou convidar, así como os procesos cognitivos que implica o proxecto como a estimación dun orzamento, listar ou manifestar opinións e preferencias. Ao final pensamos que poderían facer unha mini representación teatral. Pero tal como digo nas liñas anteriores, isto trataríase xa dun proxecto formado por pequenas tarefas.
Tamén se nos comentou que sempre teñen que estar as instruccións e os criterios de avaliación moi claros dende o inicio do proxecto. E para avaliar no momento da festa en clase é recomendable gravar e axudarse dunha folla de observación para apuntar aspectos requeridos.
Persoalmente, considero que este enfoque pode resultar de grande utilidade de cara á aprendizaxe do alumnado xa que permite a proposta de tarefas motivadoras ademais de promover a súa formación e desenvolvemento no seu día a día. Penso que sempre que conte cun bo plantexamento o alumnado pasa a ser fundamentalmente activo, desenvolve as competencias e aprende a traballar en equipo e a organizarse. Sen embargo, quero facer fincapé na necesidade dun bo plantexamento non só para que o alumnado entenda ben as instruccións senón tamén polo feito de que aplicar este enfoque en exceso pode resultar contraproducente. É dicir, este enfoque require de moito traballo e atención co cal o alumnado non podería desenvolverse se se lle propón un proxecto en cada asignatura ao mesmo tempo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario