TEMA 1
O MARCO COMÚN EUROPEO
DE REFRENCIA PARA AS LINGUAS. OBXECTIVOS, MÉTODOS E PRIORIDADES DA
POLÍTICA LINGÚÍSTICA EUROPEA.
Dentro
deste tema estivemos reflexionando ata qué punto os libros de texto
respeitan os niveis de idiomas determinados polo Marco Común Europeo
de Referencia para as Linguas e os problemas que supón que non se
respeiten esta serie de normas de cara á eficacia dos libros de
texto para a ensinanza das linguas estranxeiras.
Como
temas introductorios para a asignatura e os temas que se ian a tratar
ao longo das sesións, o profesor propuxo unha serie de liñas
temáticas para tratar e reflexionar sobre elas. Desta maneira
dedicamoslle un tempo a compartir ideas sobre a globalización, as
linguas francas e minoritarias, a comunidade europea actualmente.
Tamén falamos de como se determina a prioridade das linguas
estranxeiras para que as coñezan os cidadáns no mundo das ciencias,
dos negocios e das tecnoloxías.
Alén
destes aspectos, tamén estivemos tratando outros de gran interese
sobre como debe abordarse o estudo formal das linguas nos variados
sistemas educativos. Outros aspectos de relevancia son cal debe ser o
nivel e qué parámetros se establecen para determinalo en cada ciclo
formativo segundo a idade do alumnado. Outro punto importante a ter
en conta sería qué métodos de ensino de linguas deberían ser
promovidos e favorecidos. Tamén estivemos reflexionando e falando
sobre qué criterios se empregan á hora de detrminar que unha lingua
estranxeira é falada a nivel nativo, sabemos realmente que este
nivel é moi dificil de acadar sendo ás veces imposible xa que se
precisaría entre outros factores dunha inmersión lingüística
mínima. É dicir, chegar ao máximo nivel determinado polo marco
común europeo sería factible, estaríamos falando dun nivel C2. Sen
embargo, este nivel determinado tan sequera rozaría o feito de ser
nativo se non se inclue o traballo de outros aspectos dentro dun
contexto de inmersión lingüística paa a súa perfección. Este
punto que engadimos contaría directamente como un dos factores
relacionados para potenciar a aprendizaxe dunha lingua. Penso que
para nós, estudantes de linguas, resulta evidente que canto maior
sexa o traballo manexando a lingua estranxeira que se pretende
aprender, máis rápido e mellores serán os resultados obtidos. Por
suposto, dentro deste debate tratando estes temas surxe naturalmente
esa comparación inevitable entre os métodos de ensinanza formais e
non formais. Unha vez máis, precisase avogar por unha combinación
correcta de ambos métodos xa que se funcionan por separado non
funcionarían coa mesma eficacia e os resultados serían de eficacia
baixa e a longo plazo. Cando falamos de ensinanza formal referímonos
ao proceso de ensino-aprendizaxe determinado polo sistema educativo
en si e que é impartido de maneira artificial e mecanizada, que
ainda que hoxe en día se procure acadar o máximo realismo conforme
as bases de método comunicativo non chega a ter unha eficacia real.
Cando nos referimos á educación informal estámonos a referir a
todo tipo de situación lingüística e comunicativa que poida
reforzar a expresividade do futuro falannte da lingua, é dicir,
canto maior sexa a referencia e o contacto coa lingua nativa mellor
será a aprendizaxe. Iso si, sempre como reforzo para impulsar a
eficacia desa aprendizaxe formal que todos coñecemos.
En
xeral, o marco común de referencia céntrase no incremento do
multilingüismo como coñecemento e cohexistencia dunha serie de
linguas nun contexto determinado así como tamén o reforzo da
competencia comunicativa. Os seus obxectivos principais son
propiciare facilitar a cooperación entre as institucións educativas
de distintos países; proporcionar unha base sólida para o
recoñecemento e certificación das linguas; axudar ao alumnado,
profesorado, deseñadores de cursos, institucións examinadoras e as
administracións educativas a coordinar e organizar os esforzos.
É
preciso ter en conta as complicacións que xurden a partir deste
propósito xa que un único plan trazado para todos os países en
común non pode funcionar de maneira homoxénea. Isto é debido a que
cada país vai estar definido por unhas situacións e contextos
determinados, é dicir, cada un dos países terá que resolver
problemas económicos, modelo educativo e diferencias a nivel social
e cultural.
O
marco tamén fai referencia entre os seus recursos ao emprego das
novas tecnoloxías. Sen embargo, hai que ter sempre en conta o bo uso
delas e o seu correcto aproveitamento e nunca como excusa ou
distracción do obxectivo principal en busca do multilingüismo e
multiculturalismo. Como unha mellora importante para os propósitos
do marco faltaría incluir algunha referencia e plantexamento cara ás
linguas estranxeiras como fin específico xa que determina outro tipo
de aprendizaxe así como tamén outro modelo, por exemplo o emprego
do inglés para o mundo dos negocios ou das ciencias.
Hai
que ter en conta que, ao igual que cada país supón unha serie de
situacións determinadas , cada individuo depende do seu nivel de
motivación e das propias dificultades coas que se poida atopar ao
longo do proceso ensino-aprendizaxe. Isto supón un grao de esforzo
que oscilará en función tanto destes factores como tamén do tipo
de tarefa que se pretenda desempeñar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario