Bom día !
Na primeira sesión que tivemos, Luz Valencia propúxonos a elaboración dunha actividade na que se traballen dúas competencias máis a maiores da comunicación lingüística. Pois ben, tras darlle un par de voltas déixovos por aquí a miña proposta. A ver que vos parece.
O enfoque centraríase en traballar sobre un cadro de arte. O/A docente comezaría proxectando un traballo artístico elexido previamente. Por exemplo, Impresión, sol naciente de Claude Monet. Mentres a imaxe está proxectada o/a docente iniciaría unha especie de charla para implicar ao alumnado na temática, trataríase de guiar o debate preguntándolles se recoñecen esa obra en cuestión ou se se lles fai familiar, se lles gusta a pintura ou que autores lles son familiares. Logo, poderían traballar en pirámide e debatir se saben o autor e o título para rematar falandoo todo o grupo en común.
Unha vez feito isto teríamos que contar coa aula de informática ou que o alumnado teña na aula cadanseu ordenador xa que terían que facer o seguinte: terían que mergullarse na rede ou incluso consultar materiais na biblioteca se quixesen e preparar unha infografía na que inclúan aspectos que consideren relevantes sobre a obra proxectada ou algunha que lles guste ou prefiran. Por suposto o texto das infografías tería que estar en inglés, e o/a docente encargaríase de correxilas para rematar expóndoas nalgún dos corredores do centro por exemplo.
Poderían empregar Easelly para crear as infografías, logo tamén contarían cunha listaxe de estructuras para describir a obra escollida e por suposto terían diccionarios e os coñecementos do/a docente para resolver dúbidas.
Trataríase dunha actividade para traballar en dúas sesións ou nunha e rematar na casa como deberes e penso que funcionaría ben en niveis de 3º-4º. Ademais, poderíase traballar de maneira individual ou tamén por parellas en función da situación. Alén da comunicación lingüística, penso que se fomentarían e reforzarían as competencias dixital e conciencia e expresións culturais de maneira directa. Considero que dalgunha maneira tamén se traballarían o sentido de iniciativa e espíritu emprendedor e aprender a aprender.

Me parece una actividad muy interesante que para una clase de lengua extranjera introduzcas el arte. La mayoría de las veces no se tiene en cuenta la cultura del arte y la música y esta creo que es una manera estupenda de introducirlos en un mundo que quizás desconocen. Además, con la creación de la infografía pueden dar rienda suelta a su creatividad a la vez que aprenden inglés.
ResponderEliminarEu penso que sería un pouco difícil para 3º, a non ser que previamente teñas traballado co vocabulario que se precisa para falar dunha obra de arte. De feito, esa é unha actividade previa que terías que facer con calquera nivel. Poderías incluso dar dúas obras, unha máis figurativa e unha abstracta, e comparar as reaccóns, cal lles gusta máis, por que, etc.
ResponderEliminarMe parece una actividad muy interesante ya que como dice Itziar no se suele entrar en temas como el arte en la clase de inglés. Sin embargo, mi primer pensamiento también fue que lo más probable es que los niños de estas edades no tengan mucha o ninguna idea de arte y podrían quedarse callados al tener que hablar sobre el tema así que igual sí que se debería trabajar un poco sobre el tema antes. Aún así, creo que fomenta su creatividad al tener que crear la infografía e incluso puede llegar a hacer que les guste e interese el arte, además al tener la posibilidad de exponerlas al resto del centro, seguramente les de el empujón a hacerlo mejor y una vez lo vean expuesto se sentirán bien con ellos mismos.
ResponderEliminar