miércoles, 4 de enero de 2017

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 2



TEMA 2
O ENSINO DE LINGUAS NO PRESENTE MODELO EDUCATIVO, NACIONAL E AUTONÓMICO

Os contidos deste tema atopeinos significantes e interesantes xa que se trata de aspectos que debemos manexar con facilidade tanto culturalmente como pola nosa relación coas linguas estranxeiras.

Entre os principais contidos demos o MCREL e as súas competencias así como os conceptos de multilingüismo, plurilingüismo e pluriculturalismo. Ademais disto estivemos falando dos niveis de lingua, onde se deben atopar as competencias comunicativas e lingüísticas que comprenden saber, saber facer, saber estar e saber ser xa que son factores relevantes nesta sociedade cada vez máis globalizada na que vivimos e debido á estreita relación e proximidade que se atopa entre cada unha das linguas estranxeiras e a súa cultura.

A maiores deste aspecto, tamén estivemos falando da problemática á hora de acadar un determinado nivel de idiomas xa que o feito de fixar un número de horas para acadalo pode resultar moi complicado xa que cada aprendiz ten unha situación única que determinará as súas dificultades e facilidades de cara á aprendizaxe dunha lingua. Por exemplo, tal como vimos en clase, o Goethe Institut determina un mínimo de 1025 horas mentres que en Cambridge English está determinado como 1020 horas. É preciso ter en conta o número de horas e a dificultade de cada lingua, e persoalmente penso que debe ser unha cantidade de horas aproximadas que logo se irán adaptando ás características e situación do futuro usuario da lingua estranxeira que se está aprendendo.

Para poder establecer un nivel correctamente precisase ter en conta unha serie de factores. Entre eles resultan significativos os aspectos da situación actual como poden ser plantexarse unha reflexión sobre os obxectivos da Comunidade Europea, os puntos que non funcionan no sistema educativo español, a relación das linguas nacionais coas estranxeiras así como as avaliacións e que linguas se deberían potenciar. Ademais destes factores mencionados até o de agora, cabe destacar as variantes sociais que nos atopamos no contexto persoal, familiar e cultural sen esquecernos nos aspectos que tamén xogan un papel importante como o son o xénero, a idade, a raza, a relixión e incluso os intereses de cada individo que serán de vital importancia á hora de ter unha motivación alta ou baixa.
Outros factores significantes son os de tipo lingüístico e educativo, tal como viñamos avanzando nas liñas anteriores o feito de que cada lingua é diferente como o tipo de lingua e a súa dificultade, o tipo de ensino que se oferta para a súa aprendizaxe (dependendo do método empregado a eficacia do ensino pode variar moitísimo). Ademais hai que ter en conta o tipo de educación xa que non se fala do mesmo se se trata dun ensino privado, obligatorio ou oficial. Precisase tamén un bo plantexamento para un bo funcionamento da avaliación, dun sistema multilingüe sen esquecernos nunca da dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, materiais e humanos.

É recomendable tamén ter en conta o contexto de aprendizaxe formal, analizar os aspectos principais que inclúe o programa, ademais das horas establecidas e os obxectivos. Resultaría significativa unha reflexión e análise coidadosa de se os exames de nivel avalían a competencia comunicativa e as destrezas que se deben potenciar. Sería preciso tamén un estudo sobre a importancia e especialización das linguas estranxeiras fronte as demais materias comúns. Como último factor pero non menos importante, a combinación da tecnoloxía coa teoría e practicidade lingüística así como o tratamento cultural e de valores que poden ir combinadas perfectamente para a comprensión dos conceptos de cada unha das linguas que se ensina.


Neste tema podemos comprobar unha vez máis que o sistema educativo Español conta con numerosos aspectos pendentes por pulir se queremos notar a mellora. De maneira máis específica, para promover unha educación plurilingüe e pluricultural precisase unha grande reforma tanto no proceso de ensino-aprendizaxe e os métodos empregados como a nivel cultural e as maneiras de considerar a cultura en si mesma. Resulta de vital importancia crear unha convivencia de todas as linguas en armonía, defender o concepto de utilidade das linguas tanto a nivel laboral como de cultura e mesmo lecer e un apoio fundamental para que o profesorado se actualice e loite pola defensa dunha formación continua.  

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 3

TEMA 3

Durante as sesións deste terceiro tema estivemos tratando da gran responsabilidade que reside no profesorado á hora de impartir os contidos da materia que lle corresponde. É de fundamental importancia que o profesorado sexa consciente que debe facerlle chegar ao alumnado unha formación coa mellor calidade posible, tendo en conta non so a materia a impartir en si mesma como tamén esa formación transversal en diversas destrezas e a educación en valores.

Desta maneira, puidemos ver que debido a unha serie de factores e a propia dinámica social e económica, a variedade nos tipos e modalidades de ensino de linguas tense incrementado nos últimos tempos de forma significante. Algúns dos factores causantes deste contexto determinado menciónanse a continuación:
  • Os procesos de aprendizaxe non formal e informal adquiren un peso moi importante, significativo e valioso nos currículos dos traballadores. En moitas ocasións o ensino formal, por exemplo para unha acreditación de nivel é longo e ríxido e a xente ‘estuda pola súa conta” adquirindo así certo nivel de autonomía.
  • Os centros superiores de ensino formal, para mostrar flexibilidade, cumprir un papel social e acadar popularidade deseñan Moocs e crean plataformas gratuítas onde se comparten materiais didácticos de todos os tipos e aínda de niveis. Os Moocs poden acreditar normalmente traballo e participación, pero non poden dar títulos de carácter oficial.
  • As iniciativas (a inventiva) na rede publica en portais, páxinas, redes sociais e blogs todo tipo de exercicios e materiais para a práctica de linguas que poden ser interesantese útiles, pero que hai que tratar con coidado nun contexto de ensino formal regulado.
  • A influencia cultural da lingua hexemónica (o Inglés) é aínda máis forte hoxe en día que no pasado.
  • O dinamismo social e actividade económica propicia cursos breves e non de longa duración. Un libro de texto e un curso regulado tradicional dunha lingua viva podefacerse distante, repetitivo, aburrido e pouco útil: unha perda de tempo. 
  • Os libros de texto de linguas seguen baseados na inmersión. Cada lingua de xeito independente.

Alén disto, puidemos ver que a educación vese englobada dentro dunha serie de contextos como se se tratase de ir abrindo unha boneca matrioska. Desta maneira, atopámonos coa clase presencial na aula, que ao mesmo tempo está dentro do contexto do centro educativo e dos contextos familiar e social. Estes ao mesmo tempo están baixo a influencia e contacto dos contextos nacional, o cal acolle tanto ás comunidades como o estado, e neste nivel tamén estaría o contexto europeo. Todas estas situacións estarían enmarcadas polo contexto global e xeral. Estes contextos influenciaríanse uns aos outros pero ao mesmo tempo tamén dependen dunha serie de factores específicos que determinarán o proceso de ensino-aprendizaxe. Algún exemplo deste tipo de factores sería o mundo virtual e os seus usos enfocados á eficacia e utilidade, o estudo persoal e o esforzo individual, así como os procesos de avaliación e autoavaliación xa que resultan dunha gran utilidade como ferramenta de axuda tanto para o profesorado como o alumnado. Se pensamos tamén no noso campo que é o das linguas, non podemos esquecer que é preciso ter tamén en conta os niveis determinados polo Marco Común de Referencia para as Linguas Estranxeiras así como a existencia de acreditacións e homologacións de títulos e niveis das linguas.

Como actividade práctica sobre este tema, algúns d@s compañeir@s levaron a cabo unha serie de presentacións nas que se analizaban determinados libros de texto tendo en conta tódolos aspectos abarcados dende o formato, como os contidos, os tipos de exercicios propostos ou a claridade dos lbros de texto á hora de resultar nunha boa comprensión para o alumnado. Desta maneira e gracias á utilidade desta actividade, puidemos ver e lembrar que non todos os libros de texto son fiables á hora de telos como referencia e que incluso se pode dar o caso de que non se atopen realmente ben adaptados ao nivel de idioma proposto polo Marco Común de Referencia. Mediante a análise dos libros de texto tamén puidemos ver se se limitaban ao emprego dun único enfoque de aprendizaxe ou se pola contra tentan combinalos así como se tratan de ofrecer unha formación transversal empregando os contidos comunicativos. Se ben é certo que, un profesor non debe depender dos libros de texto pero si contar con eles como base de apoio e, se o libro de texto é bo, pode resultar unha ferramenta clave para traballar o mellor posible os contidos e actividades.

As sesións concluíron facendo un pequeno resumo dos tres temas tratados e este último pechouse trazando unha serie de aspectos como que é de relevante importancia o nivel do idioma do profesor encargado de impartir unha lingua, sendo o ideal contar co nivel máximo, é dicir o C2. Ademais, un bo profesor debe ter sempre presentes os catro campos que se deben aportar en cada clase: saber, saber facer, saber estar e saber ser.



As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 4

TEMA 4
O DESEÑO CURRICULAR

Neste tema estivemos tratando o currículo como concepto e os aspectos que o constitúen. Dende o meu punto de vista, este tema veunos moi ben de cara o reforzo de contidos que en teoría estaban explicados xa nunha das asignaturas do módulo común.

En xeral para todos os temas a mecánica levada a cabo nestas clases pareceume de gran utilidade xa que primeiramente se nos convidaba a pensar sobre os puntos que se traballarían no tema para poder comprobar ata qué punto temos coñecementos sobre o que se vai a tratar na clase. Pediusenos enumerar as competencias do currículo e chamoume moito a atención que unha delas sexa a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

A verdade e que atopo algo lioso e complicado de saber os graos de concreción curricular xa que hai que ter en conta que para levar a cabo esta tarefa colaboran o Goberno de Estado, o Ministerio de Educación, o Goberno Autónomo e os centros docentes. Sinceramente, non sabería decir sen dubidar de que aspectos se ocupan cada un deles. Considero de gran relevancia ter visto isto en clase e telo traballado para poder comprobar realmente como os puntos do curriculo non dependen únicamente dun órgano lexislativo.

Unha vez traballados os aspectos do currículo a nivel xeral, pasamos a centrarnos na situación das linguas estranxeiras en secundaria e a súa organización de acordo cos principios da LOMCE. Puidemos ver cales eran os obxectivos na ESO e no Bacharelato así como as horas lectivas de cada unha das linguas estranxeiras e as avaliacións para ambos ciclos. Tal como adiantaba anteriormente, tratamos estes aspectos tendo traballado previamente en grupos nos que tiñamos que facer unha pesquisa para tentar atopar a resposta a cada un destes puntos principais.

Atopei moi interesante e útil ter incluido neste tema a Formación Profesional xa que ao non ter contacto directo con este tipo de ensino descoñezo prácticamente o seu funcionamento e organización, a cal tamén depende do Goberno de Estado, do Goberno Autónomo e dos centros. Desta maneira puidemos ver que a Formación Profesional Básica vai estructurada en diferentes partes e vemos que no módulo profesional se inclúe a lingua estranxeira acompañada polas linguas cooficiais e fixan como obxectivo principal desenvolver habilidades lingüísticas básicas na lingua estranxeira co fin de comunicarse nas destrezas orais e escritas en situacións e contextos da vida cotiá e profesional. Ademais, contarán coa referencia do currículo das materias da ESO cunha avaliación continua, formativa e integradora. Mentres que a Formación Profesional Media e Superior tamén se estrutura en módulos pero neste caso o módulo para a lingua estranxeira será incluido en caso de que o ciclo de formación profesional o requira e esixa xa que se trata dun plantexamento a través dun currículo adaptado ás características profesionais de cada ciclo. Alén disto, a Consellería de Educación poderá determinar que algúns dos módulos poidan impartirse nunha lingua estranxeira. Cabe mencionar tamén que nos ciclos formativos medio e superior contan cun profesorado cunha habilidade lingüística de nivel B2, aspecto que dende o meu punto de vista pon algo en dúbida a calidade do ensino da lingua estranxeira.

Logo pasamos a un contido que me creou curiosidade xa que se nos ofreceu unha visión global das linguas estranxeiras no currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial. Desta maneira, puidemos ver que a organización que atopamos segundo a LOMCE determina tres niveis fundamentais, nivel básico (A1 e A2), intermedio (B1 e B2) e avanzado (C1 e C2). Tal e como sabemos, a ensinanza de idiomas de réxime especial impártese nas escolas de idiomas co ánimo de promover as linguas dos paises da UE, linguas cooficiais do estado, español como lingua estranxeira e tamén algunha que outra lingua que xenere algún interese en especial por motivos sociais, culturais e económicos. Ofrecen modalidade presencial e a distancia así como tamén unha serie de curso para a actualización de coñecementos de idiomas dirixidos ao profesorado e outros campos profesionais. Cabe mencionar que a organización das ensinanzas de idiomas de réxime especial vai rexida polo Goberno do Estado, o Goberno Autónomo e os propios centros. Neste apartado estivemos vendo as linguas que se ofertan en España e máis en concreto, en Galicia. Ademais, tamén debatimos e reflexionamos sobre se é posible que unha persoa que acade un nivel C2 sería considerado como nivel nativo e, finalmente, chegamos á conclusión de que existe unha gran distancia entre ambos.
Non lembro se se chegou a comentar algo durante algunhas das clases que tivemos, pero se tivese que dicir algunha pega diría que me tería gustado ter visto algo sobre a asignación e organización de lectores para cada tipo de ensino. Descoñezo se existe algún tipo de ley que determine algún aspecto sobre este tema ou qué fatores se teñen en conta para que algúns centros conten con lectores e outros non. Ou incluso se se lle da prioridade a determinados niveis ou plantexamentos dese estilo. Penso que estaría ben tratalo por simple curiosidade e ampliar os coñecementos no noso campo.


Tal e como veño decindo ao longo destas liñas, consideroo un tema importante xa que semella fundamental ter algo de coñecemento sobre os organismos que determinan os puntos principais e en cales deles se centran e de qué maneira. Por moi complicado que soe ao principio trátase duns coñecementos prácticos de adquirir se se traballan con algo de paciencia.  

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 5

TEMA 5
AS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS VIXENTES


Durante este tema estivemos vendo como as programacións didácticas se teñen que axustar e adaptar seguindo a norma establecida, en concreto as progamacións didácticas actuais funcionan baixo o establecemento da ley vixente denominada LOMCE (ley que ven de actualizarse recentemente).

Tal e como determina o mestrado centrámonos nos cursos da educación secundaria afectándolle aos catro cursos de educación secundaria obligatoria e á formación postobligatoria dos dous anos de Bacharelato. Desta maneira estivemos tratando na aula diversos contidos referentes ao tema como poden ser o feito de que serán os departamentos didácticos de cada centro docente os encargados de desenvolver o currículo establecido mediante o establecemento das programacións didácticas. Unha vez se fixe unha programación didáctica para cada materia, esta funcionará como ferramenta de planificación curricular específica e necesaria para desenvolver a aprendizaxe e ensino do alumnado de maneira coordinada entre aqueles que formen parte do departamento.

Tamén tivemos que tratar o tema da estructura das programacións didácticas xa que consta de diversos puntos a ter en conta, os cales pasamos a enumerar a continuación: o primeiro que debe constar sería unha introdución e contextualización onde se comenta detalladamente a situación do centro, logo tería que atoparse unha contribución ao desenvolvemento das competencias clave que iría directamente relacionado co seguinte punto onde se concretarían os obxectivos do curso. Unha vez estes aspectos queden ben reflexados na programación, o seguinte punto a concretar sería a concreción da temporalización, do grao mínimo de consecución para superar a materia e os procedementos e instrumentos para superar a avaliación. 

Os contidos centrais da programación serían as concrecións metodóloxicas que require a materia, as materias e recursos didácticos que se van empregar, os criterios sobre avaliación cualificación e promoción do alumnado, os indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino así como a organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes. Alén disto, tamén se debe incluir na programación a organización dos procedementos, o deseño de avaliación inicial e o conxunto de medidas que se levarán a cabo dependendo dos resultados obtidos, as medidas e procedementos para a atención á diversidade, os contidos transversais que se traballarán no curso correspondente e as actividades complementarias e extraescolares organizadas por cada departamento didáctico. Para finalizar correctamente a programación didáctica non poden quedar sen incluir unha serie de puntos fundamentais como o son os mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en función dos resultados arroxados polo curso correspondente.

Despois de ver esta parte de contido neste tema pasamos a centrarnos nas programacións vixentes que se atopan dentro da Formación Profesional. Para o establecemento das programacións na FP precísanse os resultados de aprendizaxe, os obxectivos específicos, os contidos, os criterios de avaliación, as actividades para o proceso de ensino-aprendizaxe máis as de avaliación sen esquecer os materias, recursos e instrumentos de avaliación.

As programacións para a Formación Profesional deben constar dunha concreción do currículo en relación á súa adecuación ás características do ámbito productivo, a relación de unidades didácticas que a integran que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, os mínimos exixíbeis para acadar a avaliación positiva e criterios de cualificación, o procedemento para a recuperación das partes non superadas así como o procedemento sobre o seguimento da programación e avaliación da propia práctica docente. Tamén se falou neste tema que o equipo docente adaptará e xustificará as programacións ás necesidades educativas do alumnado, ademais o equipo docente tamén será o encargado de realizar un seguimento das programacións de cada módulo. Por outra banda, a consellería con competente en materia de educación promoverá o uso das tecnoloxías da información e comunicación para a creación e seguimento das programacións.


Despois de ter visto isto, centrámonos na estrutura das programacións LOE das ensinanzas das EOI. Desta maneira, a estrutura consta dos, puntos que seguen a continuación: os obxectivos de cada un dos cursos que imparte o departamento; os contidos, a súa secuencia e temporalización nos distintos cursos; os criterios de avaliación de cada curso, especificando os mínimos exixibles para superar os cursos dentro de cada nivel; os procedementos e instrumentos de avaliación da aprendizaxe do alumnado; os criterios de cualificación que se vaian aplicar; o enfoque metodolóxico; os recursos didácticos, incluídos as tecnoloxías da información e da comunicación, os materiais curriculares e os libros de texto para uso do alumnado; os procedementos de acceso ao currículo, se é o caso, para o alumnado con necesidades específicas; as actividades culturais e de promoción do idioma programadas polo departamento; os procedementos para que o departamento coordine, valore e revise o desenvolvemento e o resultado da súa programación didáctica e, finalmente, os procedementos para realizar a avaliación interna do departamento. 

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 6

TEMA 6
METODOLOXÍA CLIL/AICLE

Durante as sesións deste tema estivemos tratando os contidos da metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning), coñecido en español como AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos en Lingua Estranxeira). Esta metodoloxía surxiu en Europa en 1994 co fin de identificar boas prácticas e resultados relevantes relacionados con metodoloxías que integraban linguas a través de contidos de outras áreas.
Trátase dunha metodoloxía basada nunha serie de principios básicos como o son o uso da lingua para aprender tanto o contido da área como a lingua en si mesma como ferramenta de comunicación, este factor implica que o equipo docente debe estar capacitado para traballar coa sua área de coñecemento e contar cun nivel da lingua estranxeira que se vaia empregar e vai determinada segundo a materia que se vai a estudar de maneira que as destrezas lingüísticas a desenvolver dependerán directamente desta. Ademais, dáselle prioridade á fluidez sobre a precisión gramática e lingüística en xeral centrándose na técnica do “scaffolding”.


Así, estivemos vendo as cinco dimensións establecidas por Marsh e son as seguintes:

  • Cultura
    • Construir coñecemento e comprensión interculturais
    • Desenvolver habilidades comunicativas interculturais
    • Coñecer países e rexións así como colectivos minoritarios
    • Introducir e ampliar os contextos culturais
  • Contorno
    • Preparar para a especificación e integración na Unión Europea
    • Acceder á certificación nacional
    • Mellorar o perfil do centro educativo
  • Lingua
    • Mellorar a competencia global na lingua adicional
    • Afondar no desenvolvemento da consciencia da lingua materna e alingua adicional
    • Desenvolver intereses e actitudes plurilingües
    • Introducir unha lingua adicional
  • Contido
    • Fornecer oportunidades de estudar contido dende perspectivas diferentes
    • Acceder á terminoloxía propia dunha materia na lingua adicional
    • Preparar para estudos posteriores ou o mundo laboral
  • Aprendizaxe
    • Complementar estratexias de aprendizaxe individuais
    • Diversificar métodos e formas na práctica de aula
    • Aumentar a motivación do alumnado
Paralelamente, puidemos ver que Coyle estableceu catro elementos que son os que veñen a continuación: 
  • Contido, como a progresión na formación global en relación cos elementos específicos dun currículo determinado
  • Comunicación, ou uso da lingua para aprender mentres se aprende a lingua
  • Cognición, como desenvolvemento de destrezas de pensamento que se relaciona coa formación de conceptos, a comprensión e a linguaxe
  • Cultura, ou a exposición a perspectivas distintas e interpretacións compartidas, para a mellora da comprensión e conciencia dun mesmo e dos que nos rodean. 
Ademais, pódese engadir que a metodoloxía CLIL consta de catro cracterísticas principais:
  • Ensino centrado no alumnado
    • Negócianse temas e tarefas 
    • Ensínase o particular para chegar ao xeral
    • Traballo por tarefas 
  • Ensinanza flexíbel e facilitadora
    • Facilitar a comprensión do contido e o contexto
    • Adapatación aos distintos estilos de aprendizaxe
    • Emprego de estratexias lingüísticas e paralingüísticas
  • Aprendizaxe interactiva e autónoma
    • Traballos por parellas e grupos
    • Actividades que impliquen a negociación do significado
    • Desenvolvemento do traballo por descubrimento e investigación
  • Aprendizaxe enfocada a procesos e tarefas
    • Uso da lingua con énfase no significado para obter unha meta como tarefa ou proxecto
    • Tarefas que promoven tanto a aprendizaxe como a comunicación
    • Desenvolvemento do traballo por descubrimento e investigación
    • Entrenamento en estratexias de comprensión e seguimento da clase 
    • Uso de rúbricas de avaliación e estratexias de avaliación por pares
Tal e como se adiantaba nas primeiras liñas, a metodoloxía CLIL introduce un novo concepto coñecido como andamiaxe ou "scaffolding". Está relacionado coas teorías de Vigotsky e o constructivismo e divide en tres categorías a capacidade de resolución de problemas:
  • As que o alumnado pode realizar de maneira independente
  • As que non pode realizar mesmo contando con axuda
  • As que pode realizar con axuda de outros
Directamente relacionado coa "zona de desenvolvemento próximo" de Vigotsky, determínase así que a distancia existente entre o nivel real de desenvolvemento do alumno/a, determinado pola súa capacidade de resolver un problema por el mesmo e o nivel de desenvolvemento potencial que o alumno/a pode conseguir se for axudado por un adulto ou a interacción cun compañeiro máis capacitado. O profesor resulta unha peza clave como ferramenta para amoldar o alumno/a. 

Desta maneira, podemos decir que o "scaffolding" é o conxunto de estruturas, actividades ou estratexias de apoio facilitados polo profesorado para que o alumnado acade o coñecemento. Non se trata de facer entrega do coñecemento en si, senón de facilitar o camiño para chegar ata el de maneira máis sinxela. Trátase dunha estratexia fundamental na metodoloxía CLIL e debe ser empregada tanto para o tratamento de contidos como o traballo da lingua. 

Dodge establece tres tipos de andamiaxe:
  • De recepción, para asegurar que o alumnado extrae a información necesaria e relevante
  • De transformación, conxunto de estratexias para construir coa información recibida algo novo
  • De produción, como apoio que o alumnado precisa para crear ou producir algo novo
Existe unha serie variada de motivos para levar a cabo a metodoloxía CLIL:
  • Lingüísticos
    • A lingua apréndese de formas máis eficaz en situacións reais
    • A lingua está contextualizada
    • Maior exposición á lingua adicional
    • Maior motivación cara a lingua adicional
    • A lingua emprégase cun fin
  • Contidos
    • Diversidade de perspectivas
    • Desenvolvemento das competencias básicas
    • Maior conciencia do papel da lingua no proceso de aprendizaxe
    • Integración das estratexias de aprendizaxe
    • Procesos de aprendizaxe máis profundos
  • Cognitivos
    • Aumento das capacidades xerais de aprendizaxe
    • Reflexión do alumando sobre o funcionamento lingüístico e comunicativo das linguas
  • Culturais
    • Interculturalidade
    • Fomento da tolerancia e respeto, solidariedade, etc. Fundamental ante a necesidade dunha educación en valores
  • De mellora no centro educativo
    • Facilita a elaboración do proxecto lingüístico do centro e unifica o currículo lingüístico do mesmo
O tipo de currículo para a metodoloxía CLIL é o modelo integrado de contidos e linguas e as técnica que emprega son as tarefas, co finde seren facilitadoras e finais. Para o deseño deste, é preciso ter en conta unha serie de aspectos como o son as pautas e o papel do profesorado nos centros plurilingües e a secuenciación do traballo na aula. 

Considero este tema que demos moi interesante de cara ó coñecemento da metodoloxía CLIL e o seu funcionamento. Persoalmente, como estudante de linguas que son, apoio a proposta do plurilingüismo sempre. Resulta outro exemplo claro da adaptación ao mundo globalizado. Mais, non vexo a proposta clara como para que realmente a aprendizaxe das linguas estranxeiras funcione. Seguimos comprobando que, tras numerosos anos estudando inglés seguimos sen dominalo sen problemas e con fluidez. Vexo de maneira confusa que sendo conscientes de que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira segue sen funcionar e sen resolverse pretendamos falar de plurilingüismo sen antes asentar unhas bases de propostas de aprendizaxe que sexan realmente eficaces. Tendo en conta que é unha tarefa complicada, é de vital importancia que isto cambie e que a aprendizaxe de linguas sexa tan artificial e mecanizada.  Ademais, sería máis que recomendable comprobar de que maneira se aplica a metodoloxía nos centros e ata qué punto se levan a cabo e se respeitan os procesos para que esta funcione. 

martes, 3 de enero de 2017

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 7

TEMA 7
O ENSINO-APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS EN PAÍSES DA NOSA CONTORNA/ A SITUACIÓN DE ESPAÑA NOS PAÍSES DA NOSA CONTORNA

Teño que agradecer que se incluise este tema dentro desta asignatura, xa que me parece fundamental coñecer os aspectos traballados de cara a nosa formación e futuro profesional. Ensináronsenos moitos puntos importantes, entre eles o informe PISA e os sistemas educativos dos países que encabezan as listas ao longo dos anos, ate a profesora encargada fixo mención da importancia de ter o coñecemento destas situacións xa que, dalgunha maneira, somos o posible futuro da docencia e precisamos absorver o maior coñecemento que piodamos se queremos obter un cambio na docencia e no proceso de ensino-aprendizaxe.

Tal como veño decindo, vimos o que era Eurydice, Eurostat, o Estudo Europeo de Competencia Lingüística, Eurobarómetro e o informe PISA. Dende o meu punto de vista, apenas tiña coñecemento sobre cada un deles. Soábanme familiares e sobre o que máis sabía era sobre o informe PISA pero así a todo non tiña un coñecemento moi profundizado. Unha vez vistos unha serie de gráficos e comparada a posición que ocupa o noso país, centrámonos nos resultados arroxados por PISA , tal como sabemos resultados obtidos a partires dunhas probas realizadas sobre comprensión lectora, matemáticas e ciencias.

Aprendemos que no propio pais atopamos unha brecha importante entre o Norte e o Sur, con mellores e peores resultados respectivamente. Explicousenos que entre as comunidades autónomas a destacar atópase Castela e León debido a que non teñen economía potencial de maneira que so lles queda centrarse nos estudos para asegurar un futuro laboral de boas condicións.

Logo de comprobar a situación en España, pasamos a comprobar cales son os países que van en cabeza seguindo os resultados de PISA en 2009, 2012 e 2015. Durante estes anos sempre destacan Corea do Sur, Xapón, Finlandia, Canadá e Nova Zelanda.
Os casos de Corea do Sur e Xapón vexoos cun nivel de esixencia incluso sobrehumano, son moitas horas de clase ás que o alumnado ten que atender sen darlles tempo tan sequera a unhas horas mínimas de descanso xa que apenas teñen tempo nin para comer.

O sistema educativo en Canadá encantoume e oxalá chegase existir algo parecido en España nalgún momento. O feito de que non exista un sistema educativo nacional permítelles unha mellor adaptación seguindo as necesidades requeridas de cada área nas que se poidan centrar e así cada ministerio de educación pode focalizar a enerxía, atención e ideas na súa área correspondente. Tamén me parece significante que se centren na educación emocional xa que se trata dun factor que xoga un papel importante para cada un do alumnado.


Con este tema puidemos comprobar que teñen uns sistemas totalmente diferentes ao que coñecemos no noso pais e que temos moitos aspectos sobre os que traballar e mellorar. Sen embargo, penso que nos casos como Xapón ou Corea do Sur non viría de máis reducir o nivel de esixencia e sobre todo ese compoñenente culural e educacional de deshonra en caso de ter un pequeno fracaso nos estudos. Non me parece o máis natural ese nivel de presión continua que o alumnado sufre e non chega a comprobar que a vida debería dar tempo ao estudo e formación pero tamén ao tempo de lecer coa familia e os amigos.

Ademais, nos contidos deste tema tamén estivemos vendo a aprendizaxe basada en conceptos. Resulta unha mecánica algo complicada de entender ao principio, pero unha vez vistos algúns exemplos puidemos comprendela mellor e comprobar que ofrece un punto de vista interesante xa que podería ser unha ferramenta moi eficaz se se extendese o seu uso. Certamente, esta aprendizaxe fai fincapé en que o alumnado acade unha boa comprensión do concepto xa que unha vez se entenda ben isto se poden aplicar as normas sen problema. Agardo que se extenda e se empece a aplicar de maneira xeral xa que a dificultade das linguas atópase no concepto en sí e trátase da ferramenta clave para entender o funcionamento da lingua que se quere aprender.


En xeral, está claro que tamén estamos a falar de países ricos que poden centrar a súa atención nun sistema educativo de calidade e eficaz para todos por igual xa que destacan entre outras cousas por unha educación fundamentalmente gratuíta con case o 100% de centros públicos. Ademais, culturalmente apreciase moita vantaxe se os comparamos con España. O valor que lle dan á ensinanza como profesión mostra claramente que aí se atopa a base do presente e futuro de cada país e como tal o proceso de ensino-aprendizaxe debe ser o mellor posible. Mentres tanto aquí en España dedicarse ao ensino tan sequera se achega ao valor que se lle da á formación en medicina. Alén disto, dende o meu punto de vista España precisa un gran cambio culturalmente xa que nestes países que encabezan as listas mostran un gran respeto cara o bilingüísmo e a promoción dunha formación continua, asi como o feito de que por exemplo en Finlandia non se ve a televisión con doblaxe senón que se centran en ver a versión orixinal e que se mostre interés por aprender a lingua e entender as películas e series. Por outra banda, apreciamos dous extremos enfrontados nos casos de Xapón/Corea do Sur e España: nos países asiáticos o feito de suspender e fracasar resulta unha vergoña e deshonra para as familias e os demais compañeiros de clase, mentres tanto en España, suspender non significa nada malo incluso se pode dar o caso de que o alumnado se permita “presumir” entre os compañeiros de con cantas materias fracasan e incluso, cantas máis mellor.  

As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional - TEMA 8

TEMA 8
AS LINGUAS ESTRANXEIRAS COMO FENÓMENO GLOBAL: EXPERIENCIAS EDUCATIVAS NON-EUROPEAS

Para comezar a traballar este tema, a profesora empregou uns minutos para tratar algúns puntos principais da adquisición de linguas. Desta maneira, explicou brevemente o funcionamento do cerebro e a súa lateralización e tamén nos falou da área de Broca, zona na que se se producen lesións implica dificultades á hora de falar, e da área de Wernicke, zona que se resulta danada implica dificultades para a comprensión da linguaxe. Durante a carreira din a asignatura de adquisición e pareceume un tema do máis interesante sobre o cal sempre teño curiosidade, debido a isto pareceume moi ben que se fixese unha pequena introdución sobre isto para o alumnado e incluso me tería gustado ter afondado máis neste tipo de temas. 

Nas clases nas que traballamos este tema puidemos ver aspectos moi interesantes e importantes de cara a nosa formación xa que se nos explicaron os métodos de aprendizaxe que se foron creando ao longo dos anos para a ensinanza de idiomas. Resulta de gran utilidade xa que como alumnos de linguas que somos tamén podemos apreciar cal destes métodos empregaron con nós e se resultaron eficaces ou non.

 Así, os métodos que estivemos vendo son:
  •  Gramática e tradución
  •  Directo e Natural
  • Oral e Situacional
  • Por Tarefas
  • Audiolingüe
  • Comunicativo
  • Resposta Física Total
  • Do Silencio
  • Suxestopedia

 Puidemos ver en qué epoca xurdiu cada un deles e cales son os principios nos que se basa. Pero non só iso, senón que tamén nos decatamos de que o método tradicional, o de gramática e tradución, é o que máis se empregou para a nosa aprendizaxe e o que aínda hoxe se segue empregando con maior frecuencia que os demais. Falamos tamén dos aspectos positivos e negativos que nos brinda cada un dos enfoques. Por exemplo, o método gramática e tradución non lle presta atención á competencia oral o que mostra que empregando únicamente este método o alumnado non aprende a falar a lingua meta. En contraposición con este método tradicional atopamos por exemplo o método do silencio, o cal se centra exclusivamente na producción oral do alumnado, pero desta maneira o alumnado tampouco asenta unhas boas bases de coñecemento para expresarse correctamente. 

 Ademais destes factores, tamén puidemos ver que cada un dos métodos resulta de gran utilidade para manexar o ritmo e enerxía da clase. Por exemplo, se vemos que o alumnado está ainda apagado e que precisa espabilar podemos iniciar a clase con algunha actividade de resposta física total, logo unha vez que están espertos podemos facer que se centren en exercicios un chisco máis aburridos seguindo o método de gramática tradución. Pola contra, se resulta que nos atopamos co alumnado demasiado axitado porque veñen do recreo ou acaban de sair dun exame, podemos empregar a suxestopedia para que se calmen e logo incluso aproveitar e continuar con algún tipo de actividade do método comunicativo. O enfoque por tarefas sería interesante para promover o traballo en equipo no que teñan que rematar a materia coa realización dun proxecto basado en pequenas actividades previas, así a todo este enfoque penso que habería que empregalo sen abusar xa que dende o meu punto de vista podería resultar de pouco interese se non ten un bo plantexamento.

 Despois de termos visto os enfoques de aprendizaxe, a profesora animounos a pensar tres actividades que se adaptasen a unha clase de nivel B1, de duración de 45 minutos, na que tivésemos que centrarnos no método silencioso, suxestopedia e a resposta física total. Traballamos por parellas e logo comentamos en clase cales eran as ideas que se levarían a cabo. Desta maneira, a miña compañeira máis eu pensamos en facer para a resposta física total o xogo chamado “Simon says” co que se aprenderían as preposicións dunha maneira amena e activa. Logo, para o método da suxestopedia pensamos que non viría mal que @ profesor/a fixese a descripción dunha habitación mentres o alumnado tería que debuxar a habitación mentres escoita o que se está describindo, nesta actividade tamén se reforzarían as preposicións. Para finalizar co método silencioso, pensamos que logo a imaxe que se estaba describindo na actividade anterior fose proxectada para que o alumnado a vise, comparase a imaxe orixinal co seu debuxo e logo describisen eles en voz alta. Empregaríanse aproximadamente 15 minutos para cada actividade. As propostas dos outros grupos tamen contiñan moi boas ideas e puidemos ver que a todos nos convenceu a idea do xogo de “Simon says”. 

Para rematar o tema, todo o alumnado chegou á conclusión de que o método ideal é a combinación dos aspectos positivos que nos ofrece cada un deles. Tendo en conta isto, podemos sacar moitísimo partido de cada un de maneira que resulten eficaces para a prendizaxe de linguas do alumnado. Dende o meu punto de vista, quedounos bastante claro que centrarnos nun so método non resulta eficaz, tal como puidemos comprobar na nosa propia pel cando empregaban maioritariamente o método gramática tradución. Ademáis, as presentacións levadas a cabo polas miñas compañeiras permitíronnos comprobar que, certamente, cada un dos métodos se adecúa mellor a determinados contidos da materia e, en combinación, todas as destrezas serían traballadas e postas en práctica.