O pasado día 30/01 tivemos unha sesión con Carlos Valcárcel na que puidemos aprender un pouco máis sobre a avaliación.
Hai unha idea fundamental que debemos ter sempre en conta á hora de falar deste tema, o obxectivo dunha avaliación non é facer que o alumnado se identifique cunha calificación numérica. É dicir, a partir da correción, debemos ter a capacidade de ver qué se pode facer para que o alumnado acade uns bos resultados e logre mellorar e superarse. Ademais, a corrección supón o feito de que o alumnado recibir un feedback no que se recollan aspectos negativos que se deben traballar pero tamén aqueles positivos. Desta maneira, faremos que a motivación non decaia e manter as ganas de que queiran seguir mellorando e aprendendo.
Como actividade introductoria para esta sesión fixemos un debate piramidal para chegar a concretar os aspectos comúns atopados na maneira na que nos avaliaban a nós como estudantes. Finalmente, todos estabamos de acordo nestes tres aspectos:
- As competencias en sí mesmas carecían da relevancia correspondente, xa que debido aos métodos máis tradicionais tendíase a correxir todo o que estivese escrito nun papel, xa fosen redaccións ou exercicios mecánicos de gramática e vocabulario.
- Falta de claridade á hora de denominar os criterios de avaliación co cal non se chegaba a saber moi ben cales eran o factores a ter en conta.
- O alumnado non recibía un feedback constructivo, senón que se marcaban os erros en vermello e en moitas ocasións non se chegaba a entender o motivo polo que non estaba feito correctamente.
Puidemos ver que para avaliar non temos que depender de ningún tipo de norma en concreto, pero sí ter presente e reflexionar sobre cal pode ser a maneira máis transparente e xusta para todos. Unha maneira sinxela para saber cómo facer é pensar en cómo nos tería gustado que non avaliasen a nós.
En función disto, son xs docentxs xs encargadxs de decidir as competencias que pesan máis dependendo o tipo de actividade ou tarefa (facendo que o alunado sempre teña estes criterios presentes claro). Logo disto tamén cómpre ter en conta qué tipo de ferramentas nos funcionan mellor.
Alén disto, parecéronme moi importantes os tres principios básicos que temos que ter en mente á hora de avaliar:
- Validez: ten que demostrar que o que estamos avaliando está verdadeiramente asimilado e aprendido e mostre claramente en qué nivel se atopa cada competencia.
- Fiabilidade: o alumnado que se atopa aproximadamente ao mesmo nivel debe obter os mesmos resultados facendo a mesma proba, ou polo menos resultados moi semellantes.
- Factibilidade: tan sinxelo como ser consciente se é posible de facer tendo en conta o número de alumnado, o tempo dispoñible, a cantidade de mostras que se queiran obter e a concentración que vai esixir a proba que o alumnado vai ter que realizar.
En xeral tendemos a pensar que só existe a avaliación final, e realmente o concepto en sí engloba distintos tipos como poden ser a avaliación inicial ou a autoavaliación, entre outras.
Outro aspecto que considero importante é o papel do profesor xa que debe simular un falante nativo e reformular os erros para axudar ao aprendiz, o papel do profesor tradicional que escoita sentado de brazos cruzados debe deixar de existir. Ademais, pareceume curioso que a partires do nivel A2-B1 xa se poden comezar a empregar palabras non transparentes.
AVALIAR É DAR FEEDBACK !



