Esta sesión foi compartida polas dúas docentes xa que na primeira parte estivemos con Ana e despois da pausa estivemos con Luz.
Con Ana comezamos como de costume cunha actividade para romper o xeo na que tiñamos que posicionarnos seguindo as nosas preferencias a elexir entre propostas como café/té, pasta/hamburguesas ou libro tradicional/libro electrónico, dividíndonos en dous grupos a ambos lados da aula. Nese momento puidemos ver claramente a necesidade dunha aula que se adapte á aprendizaxe dun idioma, xa que do contrario resulta bastante incómodo moverse con facilidade á hora de realizar actividades. Ao igual que todas as actividades que levamos visto, esta parecume moi recorrente xa que da moito xogo para que o alumnado se anime e comece a participar dunha maneira sinxela para logo funcionar dunha maneira máis activa cos contidos da clase.
Logo de ter comezado a sesión con esta actividade, pasamos a falar da xa coñecida metodoloxía CLIL. Pero desta vez, na contra de repetir o funcionamento e consecuencias desta, Ana falounos dende un punto de vista práctico dada a súa experiencia. Un dos primeiros aspectos que se comentou e me alegrou escoitar é que non se pode crer sempre nesa imaxe que se está a vender dos centros plurilingües como se fosen xa do mellorciño que pode haber e de onde saen os alumnos, pois iso, “plurilingües”.
Certamente, estivemos reflexionando de todo o traballo e implicacións que se requiren para que esta metodoloxía se leve a cabo de maneira eficaz. Ás veces un non pensa no evidente e é que realmente son moitos os aspectos a ter en conta se se pretende por en marcha un plan deste calibre: hai que organizar ao alumnado xa que ben seguro que non están todos ao mesmo nivel, e xa isto conleva moito máis... os pais non se sabe que é o que poden opinar xa que poden considerar que unha materia impartida en inglés supoña un obstáculo que dificulte a aprendizaxe. Sen embargo, tamén se pode dar o caso dos pais cuxxs fillxs non están preparadxs como para ter algunha materia en inglés e estes consideren que non se lles deixa avanzar... por outra banda, pódese contar co profesorado o suficientemente preparado e motivado como para implicarse cunha nova proposta no centro ? Isto pode resultar realmente complicado á hora de consideralo e planificalo...por non falar da propia organización de horarios requerida. Sobre os materiais, puidemos ver que fai uns anos resultaba complicado conseguilos e manexalos con facilidade mentres que agora e cada vez máis as editoriais encárganse de ofrecer libros de texto xa adaptados á metodoloxía CLIL. En resumo, trátase dunha metodoloxía fantástica e por suposto enriquecedora pero á hora de pola en marcha require dunha atención especial se realmente se pretende que funcione. En caso de ter sorte e contar cun equipo colaborador e con ganas de avanzar pódense chegar a acadar moitas metas.
Ao cabo duns minutos de descanso, tivemos o resto da sesión con Luz.
Pois ben, con ela un dos temas que tratamos foi a TITORÍA. Persoalmente paréceme que o tempo de titoría debe ser tratado con tanta importancia como se dunha materia troncal se tratase. Por qué digo isto ? Porque considero que é un tempo fundamental para tentar resolver problemas que atope o alumnado a nivel persoal xa sexa consigo mesmo, cos estudios, coa familia ou cos compañeiros de clase. É a ocasión perfecta para fomentalos a ser persoas que saiban organizarse, cumplir as súas metas e facer da sociedade algo mellor. Por suposto, considero oportuno traballar estes aspectos na L2 xa que por unha banda, podemos atoparnos cunha maior cantidade de materiais interesantes para empregar e por se fose pouco, o alumnado quizáis se preste a ser máis participativo xa que nesas sesións de titoría non está sendo avaliado para obter unha cualificación no uso da L2. Nunha das entradas deste blog que poderedes atopar aquí, escribín para recomendar un par de cortos e precisamente coincido no que me comentou Luz, xa que resulta un material que se podería empregar perfectamente nas horas de titoría. Outro material que me gustou que vimos en clase, foi ese horario para que o alumnado cubra con cores dependendo no que invirtan o seu tempo. Considero unha maneira sinxela de comprobar realmente a maneira na que ocupan o seu tempo e se está equilibrado. Ao ser por cores, permítenos comprobar a un golpe de vista se precisamos cambiar algo para mellorar a productividade do alumnado. Ademais, estou completamente de acordo coas temáticas plantexadas en clase para traballar durante estas horas.
Nesta sesión tamén falamos dos grupos PMAR. Paréceme moi interesante e ten que resultar moi enriquecedor traballar con estes grupos reducidos, aínda que a verdade é que debe resultar verdadeiramente dificil controlar a implicación emocional nestes casos. Se nalgún momento se me presentase a oportunidade penso que non dubidaría en tentar axudalos e motivalos.


Penso que entediches moi ben o que tratei de transmitir con respecto á hora de titoría e a súa importancia. Agora que están aflorando tantos casos de acoso escolar,nese espazo reservado ao intercambio de opinións e valores pódense detectar e previr moitos comportamentos que si non se modifican, chegan a ser acoso.
ResponderEliminarQueda coa idea de facer o que podas co que teñas, porque se esperas o mundo ideal, non o vas a ter en ningún centro. Sempre algo, ainda que sexa pouco, é mellor que nada.
ResponderEliminar