Para a terceira sesión que tivemos con Luz Valencia levamos propostas de actividades e explicamos de qué se trataban ao comezar esta sesión, a actividade podedes atopala aquí así como as ideas que tratamos sobre esta.
Unha das cousas que tratamos nesta sesión, foi a actividade Show & Tell. Principalmente, penso que o ensino carece de actividades que impliquen o feito de falar en público cando debería ser unha destreza para desenvolver en tódalas materias e por suposto nas aulas de linguas. Pois esta actividade precisamente trata diso, de centrarse en que o alumnado leve un obxecto e con esa excusa se solte a falar ante xs demais na aula. Considero que este tipo de actividades nos permíte traballar dunha maneira relaxada sen que o alumnado perciba esa presión como se dun exame se tratase. Desta maneira irían collendo progresivamente a costume de falar en público. Tal e como sempre insistimos, esta actividade tamén ten que ser proposta con máis de un tema a escoller. Por exemplo, poderían show and tell us o seu obxecto da sorte favorito, ou unha das mellores fotos que ten da súa vida, ou mesmamente a súa camiseta favorita. Certamente, semella moi importante encamiñar sempre ao alumnado cara unha serie de temas determinados para que traballen de maneira sinxela a partires dunha idea proposta pero que ao mesmo tempo non limite as súas posibilidades e creatividade.
Falamos tamén da importancia do propósito de cada cousa que se leve a cabo na aula xa que o alumnado precisa apreciar que o que se está a facer é de utilidade para lograr unha comunicación real. Por exemplo, para traballar a expresión escrita pareceume unha boísima idea o de escribirlle unha carta na que se presenten ao docente e que este ao mesmo tempo poida facer unha avaliación inicial. Penso que no caso de haber un/unha auxiliar de conversación este/a sería a/o destinatario perfecto para que a motivación do alumnado sexa maior ao tratarse dun nativo da lingua estranxeira e poidan ver que certamente son quen de facerse entender e expresarse. Tamén me pareceu moi interesante que o alumnado poida escribir na revista ou no blog do centro, ben seguro que resulta motivador traballar en algo que vai ser publicado máis alá do pupitre de cada un ou da propia aula.
Alén disto, teño que decir que me ENCANTOU esa actividade sacada do minimax na que o alumnado segue unhas instruccións e escribe a través dos cinco sentidos. Paréceme unha actividade que deberíamos por todos en práctica porque a partir de aí pódense obter textos moi diferentes. Ademais, permite xogar con opcións podendo propor temas determinados ou deixar as posibilidades máis abertas e atoparnos con detalles que nos permitan incluso coñecer mellor a cada alumnx.
As instruccións para a creación da Oda tamén resultan unha actividade moi dinámica porque crea curiosidade no alumnado ao igual que sorpresa unha vez que len unhas liñas que realmente non agardaban ler. Pareceume incluso unha actividade divertida da que tamén se obtén un número de textos diferentes. Aquí vos deixo a miña, que ben seguro ao cabo de un tempo se volvo pasar polo blog me traerá bos recordos.
My bed
lovely, confortable
in my bedroom
my bed
calling me
loudly, beautifully
in my bedroom
lovely, confortable
big, nice
my bed
Nesta sesión puidemos volver ver ferramentas e xogos que poden funcionar realmente ben para traballar na aula. Gustoume moito pero moito moito a posibilidade de traballar a expresión oral cos STORY CUBES. De feito, estou tardando xa en facerme con eles para tentar polo en práctica nalgún momento !
Considero realmente útil e agradezo que nos insistan no feito de que non nos podemos permitir perder tempo na aula facendo actividades mecánicas que o alumnado pode facer perfectamente na casa. O tempo de clase hai que aproveitalo moi ben para realizar e traballar cousas que na casa non poderían como por exemplo traballar en grupo, desenvolver a expresión oral ou determinadas actividades que precisen da axuda do/a docente.
Para rematar, agradecer as rúbricas que puidemos ver e ter agora con nós como referencia. Considero un bo método para a avaliación xa que se se trata dunha boa rúbrica ofrece practicidade para o/a docente así como tamén claridade para o alumnado á hora de saber os obxectivos que ten que tentar acadar.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarA min tamén me pareceron interesantisimas as actividades que elas propuxeron para as aulas. O do minimax xa o metín no peto.
EliminarParabéns polo blogue e pola túa linguaxe inclusiva. ¡Ante todo necesitamos profes conscientes!
Como me gusta que vos apuntedes ao Minimax!Funciona estupendamente e axuda a impoñernos un filtro á hora de deseñar actividades, xa que é bo reflexionar, Merece a pena o traballo que vou facer? Sacareille rendemento? Si non pasa o filtro, non é unha boa idea porque non podemos pasar todo o noso tempo lire discurrindo actividades de clase.
ResponderEliminar